Tu dois être connecté pour marquer les épisodes vus. Connexion ou inscription.
Saison 1
Date de diffusion
Jan 24, 2016
O Hospital Francisco Balmis é un centro punteiro na realización de transplantes grazas, en parte, á dedicación do doutor Serantes. A fórmula sempre foi a mesma: ter aos mellores
.. show full overview
O Hospital Francisco Balmis é un centro punteiro na realización de transplantes grazas, en parte, á dedicación do doutor Serantes. A fórmula sempre foi a mesma: ter aos mellores cirurxiáns, conseguir os fondos necesarios e aumentar o número de doadores. Así, o doutor Serantes gañou o respecto e a admiración dos seus colegas. Especialmente do doutor Losada, un médico brillante afeito a ser o centro de atención.
Pero esa fórmula alterouna a xerente de hospital, Ánxela Souto, que contratou a unha das mellores cirurxiás abdominais do país, a doutora Eva Muíños. A pesar de que Losada comparte a decisión da dirección do Hospital de reforzar a Unidade de Transplantes, o que a bo seguro non esperaba é que a elixida fose a doutora Eva Muíños.
Máis aló dos egos destes dous cirurxiáns, o que verdadeiramente enfronta a Losada e a Muíños é un asunto persoal.
Date de diffusion
Jan 31, 2016
O tempo xoga en contra do Francisco Balmis. Moncho quere que inclúan á súa muller en urxencia cero e para conseguilo ameazou á doutora Muíños cun bisturí. Ante a situación de perigo, Losada ofrécese para atopar unha solución.
O tempo xoga en contra do Francisco Balmis. Moncho quere que inclúan á súa muller en urxencia cero e para conseguilo ameazou á doutora Muíños cun bisturí. Ante a situación de perigo, Losada ofrécese para atopar unha solución.
Date de diffusion
Fév 07, 2016
Tras o accidente, Losada mantén en segredo o seu problema, só preocúpalle conseguir o alta para poder levar a cabo unha operación moi delicada, para a que necesitará a axuda dun dos seus
.. show full overview
Tras o accidente, Losada mantén en segredo o seu problema, só preocúpalle conseguir o alta para poder levar a cabo unha operación moi delicada, para a que necesitará a axuda dun dos seus adxuntos e a elección basearase nunha interesante competición, quen gañará: Lois ou Raquel?
Doutra banda, chega un novo caso un novo caso á Unidade de Transplantes. Un paciente que sementará un gran dilema en Laura e levará a polémica ás portas do hospital.
Date de diffusion
Fév 14, 2016
Un novo acapara a atención da unidade de transplantes do Balmis: Sabela, unha nena que necesita un dobre transplante cardíaco e abdominal, operación complexa como poucas.
Mentres tanto,
.. show full overview
Un novo acapara a atención da unidade de transplantes do Balmis: Sabela, unha nena que necesita un dobre transplante cardíaco e abdominal, operación complexa como poucas.
Mentres tanto, Xurxo e Lois están en quirófano facendo unha intervención. Pero no transcurso, Lois ten unha complicación co paciente. Ante o medo a unha denuncia obriga a Xurxo a cargar coa culpa.
Date de diffusion
Fév 21, 2016
Ao doutor Losada asnon lle están saíndo ben. Un dos seus pacientes están en quirófano agardando por un corazón que non vai cegar. Para gañar un pouco de tempo, Losada decide colocarlle
.. show full overview
Ao doutor Losada asnon lle están saíndo ben. Un dos seus pacientes están en quirófano agardando por un corazón que non vai cegar. Para gañar un pouco de tempo, Losada decide colocarlle un corazón artificial á espera de que apareza un órgano compatible.
Mentres tanto, a actvidade no hospital continúa. Nesta ocasión, Ánxela Souto informa a todo o persoal da chegada dos novos residentes o que traerá unha desagradable sorpresa para Muíños.
Date de diffusion
Fév 28, 2016
A doutora Muíños aínda estase recuperando do impacto que lle supuxo ver a Xaime Cargol no Francisco Balmis. Pero o medo pronto muda a ira cando pilla ao residente tonteando coa súa
.. show full overview
A doutora Muíños aínda estase recuperando do impacto que lle supuxo ver a Xaime Cargol no Francisco Balmis. Pero o medo pronto muda a ira cando pilla ao residente tonteando coa súa filla.
Mentres tanto, o Francisco Balmis está preparado para recibir a un dos mellores neurocirurxiáns dos últimos tempos: César Souto, que vai extirpar un tumor cunha técnica experimental. Pero as que non están preparadas son Ánxela e Sara, as dúas fillas de César.
Date de diffusion
Mar 13, 2016
Un accidente de autobús vai poñer a proba a todo o persoal do Hospital. Tal é a gravidade, que a Unidade de Transplantes tamén ten que colaborar no auxilio ás víctimas do
.. show full overview
Un accidente de autobús vai poñer a proba a todo o persoal do Hospital. Tal é a gravidade, que a Unidade de Transplantes tamén ten que colaborar no auxilio ás víctimas do accidente.
Mentres tanto, a doutora Muíños intenta repoñerse do sucedido con Xaime Cargol, pero a experiencia foi demasiado traumática e estalle afectando ao seu traballo no hospital. E no quirófano; un sitio onde calquera erro custa moi caro.
Date de diffusion
Mar 20, 2016
Que o deporte é saúde, hai quen o discute. E se non que llo pregunten ós cirurxiáns do Balmis. Duranto o transcurso dun partido de fútbol benéfico Losada e Lois teñen un enfrontamento
.. show full overview
Que o deporte é saúde, hai quen o discute. E se non que llo pregunten ós cirurxiáns do Balmis. Duranto o transcurso dun partido de fútbol benéfico Losada e Lois teñen un enfrontamento que queda en nada cando Paco sofre unha parada.
Mentres tanto, o estado de María é cada día peor. A pesar da diálise, o corpo de María está acumulando toxinas polo que o transplantes é prioritario. Sen dubidalo nin un segundo, Xurxo ofrécese como doador en vivo, pero María non está moi convencida de que esa sexa a solución para os seus problemas.
Date de diffusion
Mar 27, 2016
Todo cirurxián, enfermeira ou celador saben que o seu traballo pode afectar á súa vida familiar. Pero o que unha enfermeira con tantos anos de experiencia como Pili non sabía, é que a
.. show full overview
Todo cirurxián, enfermeira ou celador saben que o seu traballo pode afectar á súa vida familiar. Pero o que unha enfermeira con tantos anos de experiencia como Pili non sabía, é que a súa vida familiar tamén pode afectar ao seu traballo.
Para unha persoa cun posto tan esixente como Ánxela Souto, a súa vida amorosa pódese dicir que non é moi extensa. Por sorte, a vida da moitas voltas, e o día menos pensado, un príncipe azul pode chamar á porta ou convidar a un café. E, como todos sabemos, os príncipes azuis adoitan estar moi preto de nós.
Date de diffusion
Avr 03, 2016
Losada terá que poñer orde entre os seus adxuntos: Sara e Lois están loitando por un paciente ao que Lois acusa a Sara de quitarllo. Para que o sangue non chegue o río, Losada terá que
.. show full overview
Losada terá que poñer orde entre os seus adxuntos: Sara e Lois están loitando por un paciente ao que Lois acusa a Sara de quitarllo. Para que o sangue non chegue o río, Losada terá que acodir á xerente do Francisco Balmis, Ánxela Souto.
Mentres tanto, Muíños e Laura teñen que atender a un paciente cun problema hepático. Ata aí todo normal, o problema é que un policía da secreta quere que o esperten para facerlle un interrogatorio, cousa á que Muíños oponse.
Date de diffusion
Avr 10, 2016
Para un cirurxián, unha operación sempre supón un reto, pero cando se trata dunha operación simultánea entre un doador e catro receptores, a adrenalina e o sentido da responsabilidade
.. show full overview
Para un cirurxián, unha operación sempre supón un reto, pero cando se trata dunha operación simultánea entre un doador e catro receptores, a adrenalina e o sentido da responsabilidade aumentan paralelamente.
Pero con Losada e Muíños atrapados por un temporal en Mallorca, fará que os adxuntos teñan que enfrontarse a un dos grandes retos da súa vida.
Date de diffusion
Avr 17, 2016
Ao Francisco Balmis chega un neno gravemente enfermo ao que non poden salvar porque non atopan o seu historial médico. Doutra banda, Rebeca, unha moza que precisa un transplante de
.. show full overview
Ao Francisco Balmis chega un neno gravemente enfermo ao que non poden salvar porque non atopan o seu historial médico. Doutra banda, Rebeca, unha moza que precisa un transplante de fígado, ingresa de urxencia no hospital e Alicia, que segue traballando como voluntaria no hospital, está empeñada en descubrir a identidade dun paciente que leva anos en estado catatónico e ao que ninguén visita.
Pero sen dúbida a situación máis complicada é a de Daniel Losada, pois vai coñecer aos pais de Laura, compromiso que Losada intentará evitar custe o que custe.
Date de diffusion
Avr 24, 2016
Ánxela Souto ten que enfrontarse a unha das situacións máis difíciles da súa vida. E é que a súa xestión á fronte do Francisco Balmis está en dúbida. A situación da xerente non pasará
.. show full overview
Ánxela Souto ten que enfrontarse a unha das situacións máis difíciles da súa vida. E é que a súa xestión á fronte do Francisco Balmis está en dúbida. A situación da xerente non pasará desapercibida para o persoal do hospital, que loitará para que Ánxela manteña o seu posto.
Mentres, na Unidade de Transplantes teñen que facer fronte a un novo caso: Amador, un paciente que recibiu un transplante de fígado, sufriu un rexeitamento. Serantes e Pili terán que atopar o problema e solucionalo.
Date de diffusion
Mai 01, 2016
O traballo de Ánxela Souto como xerente do Francisco Balmis podería ter as horas contadas. Con todo, o traballo no hospital non se detén e os pacientes seguen chegando. Vicente, un
.. show full overview
O traballo de Ánxela Souto como xerente do Francisco Balmis podería ter as horas contadas. Con todo, o traballo no hospital non se detén e os pacientes seguen chegando. Vicente, un enfermo de ril, négase a que lle realicen un transplante pois el non cre no medicamento, senón nos remedios naturais; a homeopatía.
Date de diffusion
Jun 03, 2016
Eva Muíños non está disposta a ceder ante a chantaxe de Xaime nin a poñer a Alicia en perigo, así que sen dubidalo pide axuda a Losada para desfacerse do seu interno ainda que implique
.. show full overview
Eva Muíños non está disposta a ceder ante a chantaxe de Xaime nin a poñer a Alicia en perigo, así que sen dubidalo pide axuda a Losada para desfacerse do seu interno ainda que implique desverlarlle ao cirurxián a identidade do pai de Alicia.
Mentres tanto, Ánxela Souto ten que enfrontarse a outro problema: o seu pai. O doutor Souto, consciente da gravidade da paciente, quere repetir a operación, pero desta vez esixirá a Ánxela que contrate ao seu equipo.
S'il manque des épisodes ou des bannières (et qu'ils existent sur TheTVDB), vous pouvez demander une mise à jour automatique complète de l'émission :
Demander une mise à jour de la série
Mise à jour demadée