Você precisa estar logado para marcar um episódio como visto. Entrar ou registar.
Temporada 3
Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe
.. show full overview
Os espectadores e os habitantes de Santo Antón de Louredo recuperados xa do sorprendente resultado do sufraxio que lle outorgou a vitoria a D. Crisanto como novo alcalde, asistirán hoxe á súa toma de mando. Este feito provocará a ledicia dos veciños e o enfado de Delmiro, que non contaba con perder o cargo; amais, as primeiras decisións do cura traen polémica...
Os últimos capítulos da telenovela teñen enganchadas ás beatas da vila, ata tal punto que nin van a misa, e D. Crisanto non o pode crer, así que toma mans no asunto porque o Concello do
.. show full overview
Os últimos capítulos da telenovela teñen enganchadas ás beatas da vila, ata tal punto que nin van a misa, e D. Crisanto non o pode crer, así que toma mans no asunto porque o Concello do que xa é alcalde non pode pasar por unha crise moral de tan elevado calado. Obrigado polo novo alcalde -cura, Miñato cumpre as súas ordes e corta os cables do repetidor deixando sen sinal a toda a vila. Pero Lidia idea instalar unha parabólica no bar, o que vai provocar unha nova disputa, pois fai que a vila se divida entre os partidarios da telenovela e os do fútbol.
As eleccións municipais celebradas recentemente en Santo Antón de Louredo e que trouxeron o cambio de alcalde están a ter diversas consecuencias, a primeira delas que un ex alcalde, como
.. show full overview
As eleccións municipais celebradas recentemente en Santo Antón de Louredo e que trouxeron o cambio de alcalde están a ter diversas consecuencias, a primeira delas que un ex alcalde, como xa é Delmiro, non pode ser un taxista calquera, así que Moncha decide tunear o taxi do home para facer máis leve as aparencias do cambio de vida, e tamén lle busca outro traballo para que lle dea clases de conducir a Puri.
Algunhas das medidas que está a realizar o flamante novo alcalde de Louredo causan cando menos expectación na vila, e así unha das primeiras decisións de D. Crisanto é a prohibición de
.. show full overview
Algunhas das medidas que está a realizar o flamante novo alcalde de Louredo causan cando menos expectación na vila, e así unha das primeiras decisións de D. Crisanto é a prohibición de todo tipo de aloumiños e conduta considerada indecente en público. Cando Rodolfo manifesta querer casar co seu mozo, o ex párroco non o pode admitir por moito alcalde que sexa agora.
Pero as protestas non se fan esperar e os veciños, con Lidia á cabeza, expresan o seu desacordo coa última decisión do alcalde: D. Crisanto non ve doada unha saída ao conflito e vaise ver na obriga de negociar con Delmiro unha retirada da política para retornar ao lado espiritual da vida....
En espera de novas negociacións entre o alcalde -párroco e o anterior rexedor, Delmiro, para retirarse da política, outras situacións reais e dramáticas reclaman a atención da freguesía,
.. show full overview
En espera de novas negociacións entre o alcalde -párroco e o anterior rexedor, Delmiro, para retirarse da política, outras situacións reais e dramáticas reclaman a atención da freguesía, como por exemplo a situación de Fina, nai solteira, que precisa dunha solución, e quen mellor que súa nai Puri para buscala: Josito, solteiro, e case funcionario, preséntase como o mellor candidato para facer de pai.
Pero nin Moncha nin, o que é máis importante, Fina nin Josito, están polo labor de que lles amañen a vida... Doutro lado, as clases de Educación para a Cidadanía volven dividir a vila e Iria, como mestra, está, unha vez máis, no centro dun novo conflito en Santo Antón de Louredo.
O Día de Defuntos é unha data que se celebra acorde a uns hábitos moi tradicionais. Isto ocorre en Santo Antonio de Louredo, localización ficticia de 'Padre Casares', onde amais se dá a
.. show full overview
O Día de Defuntos é unha data que se celebra acorde a uns hábitos moi tradicionais. Isto ocorre en Santo Antonio de Louredo, localización ficticia de 'Padre Casares', onde amais se dá a circunstancia de que van concorrer as cerimonias dos católicos coas dos ateos, que teñen unha maneira moi distinta de entender a efeméride: o que para uns é un día de recollemento e de recordo de seres queridos para outros representa unha celebración máis pagá como é a chegada do inverno. Delmiro, o máximo defensor dunha vila laica, será a promotor da Festa do Samaín (que equivale ao Halloween galego) e non atopará mellor sitio para esta celebración pagá que diante da igrexa de Louredo... está por saber se entrarán en confrontación tan distintas celebracións.
Se faltam episódios ou banners (e eles existem no TheTVDB) você pode solicitar uma atualização automática :
Solicite uma atualização
Atualização solicitada