Você precisa estar logado para marcar um episódio como visto. Entrar ou registar.
Temporada 1
This episode has no summary.
This episode has no summary.
A igrexa de Louredo está chea de pingueiras. A parroquia non dispón de medios económicos para facer fronte á reparación. Será necesario sacar diñeiro de onde sexa.
Por outro lado,
.. show full overview
A igrexa de Louredo está chea de pingueiras. A parroquia non dispón de medios económicos para facer fronte á reparación. Será necesario sacar diñeiro de onde sexa.
Por outro lado, debido as tarefas de reparación, Horacio Casares verase obrigado a levar a misa fóra da igrexa, pero vaise atopar coa negativa de Delmiro, o alcalde ateo da vila.
Ante o problema das pingueiras e a tardanza en arranxar as obras, Horacio decide dar a misa na praza da vila, o que trae non poucos problemas. Por una lado as protestas do vello crego ante o bispo e, pola outra, o alcalde que intenta impedir que se celebre.
Don Crisanto sorprende ao alcalde con Maite e sácalle unha foto que logo emprega para "convencelo" de que consinta en bendicir a sala do Concello onde, por presións dos veciños, non lles quedou máis remedio que autorizar a celebración da misa.
Costumismo, sentimento pero, sobre todo, moito humor, danse a man nesta nova cita coa ficción galega de Padre Casares, que aquí lle dá distintos matices a unha crónica dunha vila
.. show full overview
Costumismo, sentimento pero, sobre todo, moito humor, danse a man nesta nova cita coa ficción galega de Padre Casares, que aquí lle dá distintos matices a unha crónica dunha vila mariñeira (Redes, na ficción San Antón de Louredo), onde a chegada dun cura novo e moi peculiar vai desencadear moitos acontecementos e escribir unha nova páxina na historia da vila. Horacio Casares, o novo cura de Louredo, é un home de gustos refinados e espírito ávido de novos coñecementos, así que se vai deixar tentar para participar nunhas clases de baile de salón, algo moi pouco visto nun sacerdote e menos nunha vila pequena. Doutro lado, chegada a hora de pintar a igrexa, a polémica está servida, xa que Miñato, o encargado das tarefas de reparación do templo, elixe para a ocasión unha cor verde que, segundo o parecer de moitos fregueses, non sería a máis axeitada.
Abofé que os tempos cambian e coa modernidade chega o libre mercado que, como a todo o demais, aféctalles tamén aos proveedores da igrexa da que o Padre Casares é o novo párroco.
Un
.. show full overview
Abofé que os tempos cambian e coa modernidade chega o libre mercado que, como a todo o demais, aféctalles tamén aos proveedores da igrexa da que o Padre Casares é o novo párroco.
Un incidente acaecido na parroquia de Louredo levará o novo párroco -que está a revolucionar os hábitos da vila- a pensar que tal vez sexa o momento de cambiar o provedor das obleas. O problema vai chegar porque a provedora de toda a vida, Lidia, é tamén a dona do bar e do ultramarinos da vila...
Doutro lado, o alcalde comunista da vila, Delmiro, sorprenderá os veciños con unha iniciativa que levará ao enfrontamento dos cidadáns: movido por un espírito laico, o rexedor pretende cambiar o nome da vila de Santo Antón de Louredo, a Louredo sen máis...
San Antonio de Louredo, localidade onde transcorre a acción da serie Padre Casares, vive unha nova xornada de aventuras e desventuras desde que o seu cura, novo e moderno, chegou á vila
.. show full overview
San Antonio de Louredo, localidade onde transcorre a acción da serie Padre Casares, vive unha nova xornada de aventuras e desventuras desde que o seu cura, novo e moderno, chegou á vila mariñeira sen deixar a ninguén indiferente. Nesta vila, como en moitas outras pequenas localidades de Galicia, é tradición custodiar as imaxes dos santos nas casas dos veciños. Pero, ás veces, a devoción tórnase ambición...
Neste particular, as obras da igrexa farán necesario que alguén coide da imaxe do Santo Antonio, dun xeito especial. Trátase dunha gran responsabilidade e nin Amelia nin Lidia queren ser menos ca outra... Á marxe destes enfrontamentos, o Padre Casares tomará unha decisión: o despedimento de Santi. Desde outro lado, alleos a estes temas, os homes da vila acudirán a un curso de repostería no centro social, pero non precisamente porque teñan vocación de pasteleiros.
O fillo de Delmiro e a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa, e todo sería moi doado se non fora pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que seu fillo faga unha voda
.. show full overview
O fillo de Delmiro e a sobriña de Amelia queren casar pola Igrexa, e todo sería moi doado se non fora pola negativa de Delmiro, ateo declarado, que non quere que seu fillo faga unha voda relixiosa...
Doutro lado, vaise ver un novo capítulo nas polémicas que envolven ao párroco Horacio, recentemente chegado á vila de Louredo, xa que, despois do despedimento de Santi, Horacio Casares contratará a unha muller chamada Cecilia, unha decisión que lle custará ao párroco as críticas de máis dun veciño...
Neste novo episodio a xente da vila vai descubrir que o cura moderno e acabado de chegar, Horacio Casares, leva un tempo asistindo a clases de baile, nunha academia onde coincide coa
.. show full overview
Neste novo episodio a xente da vila vai descubrir que o cura moderno e acabado de chegar, Horacio Casares, leva un tempo asistindo a clases de baile, nunha academia onde coincide coa profesora do colexio. Pero dada a condición relixiosa de Horacio os dous amigos levan en secreto a súa afección compartida, aínda que non poderán impedir que salten os rumores que corren como a pólvora por toda a vila.
Doutro lado, Josito pretende ser funcionario do concello, pero o cuñado do alcalde cre que a simple relación familiar xa é dabondo... e por se acaso está disposto a pechar o acordo subornando o seu cuñado con un xamón.
Na vila de Louredo ninguén renuncia á sorpresa, por obra e graza, desas conversións que aparecen cando ninguén as agarda... así ocorre cando morre dun infarto Amador, o pai de Maite -a
.. show full overview
Na vila de Louredo ninguén renuncia á sorpresa, por obra e graza, desas conversións que aparecen cando ninguén as agarda... así ocorre cando morre dun infarto Amador, o pai de Maite -a guapa da vila-, mentres está a xogar a partida no bar de Lidia e Sindo.
Da tristura, os veciños de Santo Antón de Louredo pasan á sorpresa, xa que Amador, un suposto ateo convencido, deixa escrita a súa última vontade: quere unha misa pola súa alma. Conmovidos, os veciños deciden crear un coro na vila para que cante na misa do defunto.
Pero o coro precisa dun local e Delmiro, o alcalde "roxo", enfadado pola traizón ideolóxica de Amador, non está disposto a ceder o uso do local social e monta un coro laico pola súa conta...
Unha serie de feitos encadeados e coincidentes no tempo propicia que na vila de Santo Antonio de Louredo medre a psicose na súa versión máis supersticiosa e que, unha vez máis, o Padre
.. show full overview
Unha serie de feitos encadeados e coincidentes no tempo propicia que na vila de Santo Antonio de Louredo medre a psicose na súa versión máis supersticiosa e que, unha vez máis, o Padre Casares, un cura afeito aos novos tempos, teña que tomar cartas no asunto apelando á razón da súa freguesía; aínda que, iso si, sen desprenderse da súa encantadora compresión polos medos e temores dos veciños, que andan perplexos ante a cadea de accidentes que irán acontecendo a uns e a outros...
Doutro lado, parece que entre Elsa, unha das beatas da vila, e Sindo, o dono do bar e da tenda -e home de Lidia- está a nacer algo máis ca unha relación de colegas entre as dúas mellores voces de Louredo...
Chega o momento de cumprir con unha das tradicións de Louredo, como é a colecta anual para os máis desfavorecidos, pero a tradición terá diante coma sempre as propostas do novo cura,
.. show full overview
Chega o momento de cumprir con unha das tradicións de Louredo, como é a colecta anual para os máis desfavorecidos, pero a tradición terá diante coma sempre as propostas do novo cura, Horacio Casares, que decidirá introducir algunhas innovacións no sistema de recollida dos cartos. Iso si, a exquisita sensibilidade do Padre Casares terá en conta non facer de menos a D. Crisanto e ten previsto darlle ao vello unha responsabilidade especial.
Desde outro ángulo da vila mariñeira, Elsa, a beata, devece definitivamente por Sindo, o home de Lidia, e a paixón da muller é tal que a pobre anda apampada todo o día chegando incluso a acosar a Sindo cada vez que coincide con el no coro. A situación acabará complicándose cando, por mor dunha nota escrita pola muller, chega a mans da persoa menos indicada.
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido
.. show full overview
Na vila de Santo Antón de Louredo parece que o namoramento de Elsa está a provocar certos danos colaterais e o primeiro prexudicado é Delmiro, o alcalde comunista, a quen un malentendido o porá entre a espada e a parede.
Por iso cando Moncha -a súa dona- quere botar a Delmiro da casa, unha vez máis, faise necesaria a mediación do Padre Casares. Doutro lado, parece que Iria, a profesora do colexio, ten un admirador que resultaría ser Paulo, o profesor da academia de baile, con quen vai aceptar quedar para tomar un café despois de clase; pero, para sorpresa de Paulo, a moza aparecerá acompañada pola súa amiga Maite.
A aparentemente tranquila vila de Santo Antón de Louredo non para de ofrecer distintas arestas dun mundo que parece alleo ás influencias externas pero que vai cambiar moito coa presenza
.. show full overview
A aparentemente tranquila vila de Santo Antón de Louredo non para de ofrecer distintas arestas dun mundo que parece alleo ás influencias externas pero que vai cambiar moito coa presenza do novo cura, o Padre Casares. Aínda que pareza mentira, as vidas dalgúns veciños atravesan importantes convulsións, así como a do propio Horacio Casares, que comeza a sentir algo que o leva incluso a dubidar sobre algúns principios que rexen a súa vida, e o motivo ten nome de muller...a mestra da escola.
Doutro lado, está o caso de Delmiro, que está desesperado por regresar coa súa muller, pero Moncha porá como única condición que ten que converterse e ir á misa, como todo fregués que se preste. A idea non lle fai moita graza a Delmiro, aínda que pola súa muller estaría disposto a facer case calquera cousa...
Difícil decisión a que ten na súa mente o Padre Casares. Horacio reflexiona moito sobre a súa vida desde que chegou a San Antón de Louredo e todo son dúbidas e máis dúbidas. Decídese a
.. show full overview
Difícil decisión a que ten na súa mente o Padre Casares. Horacio reflexiona moito sobre a súa vida desde que chegou a San Antón de Louredo e todo son dúbidas e máis dúbidas. Decídese a escribir unha carta ao bispo, quizais a máis difícil da súa vida porque non sabe como expresar o que sente, as súas contradicións, e tampouco quere desvelar as verdadeiras causas que o levan a tomar unha decisión sobre a súa vontade de marchar de Louredo. Aínda por riba, mentres redacta a carta é constantemente interrompido polas queixas de Elsa, que ten problemas cunha veciña. E o Padre segue perdido nun mar de dúbidas, reflexionando sobre as súas vivencias en Louredo, que non pode aturar máis aos veciños pero aos que tamén lles colleu un cariño especial... e tamén a Iria. Mentres tanto, volve a Louredo o tempo da matanza e por tanto a hora de matar ao porco, pero desta vez os veciños xa saben que non poden recorrer ao método tradicional.
Se faltam episódios ou banners (e eles existem no TheTVDB) você pode solicitar uma atualização automática :
Solicite uma atualização
Atualização solicitada