Saudade de ti

  • :
  • : 86
  • : 0
  • 22
  • Drama Family Mystery Romance

:

.

1
A noite en que a vila mariñeira de Abrente celebra as festas do Carme un tráxico accidente leva por diante as vidas de Uxía Eiroa, unha moza que ía co seu prometido, e de Olga Otero, a .. show full overview
A Gaspar danlle a alta e Raúl, o fillo, recibe a chamada dun hotel en que ao parecer se aloxou seu pai. A Mónica estráñalle todo iso e non dubida en indagar nas misteriosas viaxes do seu .. show full overview
Isidro está ingresado no hospital por mesturar alcol cunha medicación que non sabe ninguén de onde a sacou. Celia non ten dúbidas. Para ela a culpa é de Santi. Noa atopa unha fotografía .. show full overview
Noa pode atopar na foto a resposta dunha pregunta que se leva facendo toda a vida.Mentres Dimas trata de ocultar un gran problema coas contas da empresa, o plan que teñen Raúl e Mónica .. show full overview
Celia e Noa preparan a súa volta a Bilbao. Brais continúa intentando conquistar a rapaza coa súa mellor táctica: unha clase de surf. Raúl tamén pretende despedirse de Celia, o seu antigo .. show full overview
Noa busca a maneira de volver a Bilbao, aínda que Brais non llo vai poñer fácil. As cousas vólvense torcer entre Celia e Santi por un grande erro da doutora. Dimas e Teresa queren .. show full overview
Dimas accede, ás agachadas, ás gravacións da cámara de seguridade da data do roubo e o que ve non lle gusta nada.Adela dálle unha oportunidade ao plan de Raúl para mellorar a empresa .. show full overview
Celia non permite que Noa coide de Artai e queda ela a cargo do neno. Vai todo de marabilla, pero as cousas tórcense dramaticamente.Lucho está a piques de marchar de Abrente e Elba trata .. show full overview
Isidro convence a Noa para que desbloquee o móbil de Olga, pero os intentos para introducir o código PIN están a piques de esgotarse. Lucho confésalle a Brais que vai aceptar a oferta .. show full overview
Celia comeza o seu primeiro día como nova médica de Abrente e gañar a confianza dos pacientes vai ser todo un reto para ela. E o maior reto vai ser ter que atender a Gaspar. Isidro .. show full overview
Mónica vai ter que facer malabares para esquivar as preguntas de Celia e que non se decate de que o seu aborto foi unha farsa. Se a primeira declaración de Lucho é certa poderíanse .. show full overview
Parece que todos están decididos a emparellar a Celia con Santi, aínda que ela non o ten tan claro. Raúl tamén ten dúbidas, pero neste caso sobre se ter un fillo con Mónica ou .. show full overview
Mónica trata de facer de celestina entre Celia e Santi, pero parece que esta vez a doutora non está disposta a entrar no xogo.Coa axuda de Brais Noa trata de resolver a desaparición do .. show full overview
Nesta vila todos agochan segredos e en calquera momento a verdade pode facer que estoupe todo. Noa parece decidida a eliminar as fotos. Outra cousa é que Brais dea mantido a boca .. show full overview
Santi xa sabe o diagnóstico de Artai e non é bo. As mentiras de Mónica e Raúl romperon a súa amizade e encheron a Celia de dúbidas. Ten que descubrir a verdade. Teresa trata de .. show full overview
Celia debátese entre contarlle a Isidro o da infidelidade de Olga ou levar o segredo á tumba. Noa trata de evitar a Brais despois do seu bico. Non é para menos, pois se as sospeitas da .. show full overview
A pregunta non é se Teresa vai poder manter a boca pechada coa aventura de Olga e Gaspar, senón canto tempo vai tardar en contalo todo. E a quen. No bar están pendentes do resultado .. show full overview
O plan de Teresa deu resultado e a falsa declaración pódelle afundir a vida a Lucho. Celia decátase da mentira de Isidro e decide intervir no asunto. Agora que Adela descubriu o roubo .. show full overview
Mónica decide marcar territorio e que Celia se aparte dunha vez por todas do seu marido. A súa amizade pende dun fío. E por se iso fose pouco, chegou o momento de que Celia lle conte a .. show full overview
Celia busca consello en Santi, que de infidelidades parece todo un experto. Isidro encara como pode a terrible verdade. Á dor polas mentiras da súa defunta muller engádeselle a traizón .. show full overview
Noa intenta facer as paces con seu avó, que parece máis susceptible que nunca ante os ruxerruxes dos veciños. Celia trata de comprender como é posible que súa nai estivese namorada de .. show full overview
Isidro xa tomou a decisión de marchar para sempre de Abrente e parece que non vai haber ninguén capaz de convencelo para que recúe. Noa xa non está para lerias. Se Brais non quere volver .. show full overview
Noa entrégalle a Celia os datos que contiña o móbil de Olga. A doutora dubida entre enfrontarse á verdade ou continuar cos ollos pechados por medo ao que poida atopar. Dimas prepárase .. show full overview
A decisión de Isidro parece non ter volta de folla, pero a súa familia vai facer o posible para evitar que marche definitivamente. Celia trata de contactar coa neuróloga. Olga ocultaba .. show full overview
Noa teno moi claro: pensa volver a Bilbao para vivir co seu mozo Gorka, aínda que o teña que facer ás agachadas de Celia. Brais non está disposto a deixar escapar o seu amor tan .. show full overview
Adela está disposta a todo con tal de expulsar a Abel das negociacións. O futuro da empresa está en xogo e non vai andar con miramentos. Noa busca quen lle foi co conto á súa nai de que .. show full overview
Raúl cre que Mónica e Adela o pretenden enganar sobre o incidente con Abel. Se as súas sospeitas son certas poderíanlle arruinar a vida a un home inocente. Elba non é capaz de gardar .. show full overview
Cando Celia se decate dos novos negocios de Noa para gañar cartos montar unha nova cama vaise converter na menor das súas preocupacións.Dimas esíxelle a Lucho que devolva os cartos. Hai .. show full overview
Adela non só sabe manipular a xente, tamén o fai cos medios, así que non dubida en valerse do Telexornal para forzar a dimisión de Abel. Celia rompeu o segredo profesional e se Adela se .. show full overview
Na lista só queda un Francisco, así que ten todas as papeletas para ser o pai de Noa. Dende logo a Celia non lle gustou nada escoitar o nome de Garay e pensa adiviñar o que pretende .. show full overview
Raúl ten dúbidas sobre o seu matrimonio. Unhas inseguridades que se acrecentan coa visita a Celia por unhas preocupantes punzadas no peito. Santi non dubida en poñer pé no asunto. Celia .. show full overview
A chegada de Gorka tenos a todos revolucionados e non precisamente para ben. Celia aínda non sabe da súa existencia e Noa non parece moi disposta a falarlle del. Dimas e Teresa tratan de .. show full overview
Os transportistas deixárono ben claro: para chegar a un acordo Adela terá que deixar de estar á fronte de Porto de Abrente. Ningún dos outros membros da familia pode deixar pasar a .. show full overview
Chegou por fin o aniversario de Noa. Os plans da rapaza agora que é maior de idade preocúpanlles a todos. Teñen que actuar rápido se non queren que a moza cometa un erro moi grande. Se .. show full overview
Xa pasou o aniversario de Noa e Isidro segue sen chamar. Un comportamento impropio del, así que sospeitan que algo tivo que suceder. Cada minuto que pasa a rapaza parece máis decidida a .. show full overview
Celia recibe unha visita moi especial: o doutor Albelos. Toda unha eminencia que foi profesor da médica... e se cadra algo máis. Será o pai que Noa leva tanto tempo buscando? Grazas ás .. show full overview
Noa trata de sondar a Albelos coa axuda de Brais para corroborar as suposicións sobre se é seu pai ou non. Quen tamén anda coa mosca detrás da orella respecto ao doutor é Celia, pois o .. show full overview
Noa trata de sondar a Albelos coa axuda de Brais para corroborar as suposicións sobre se é seu pai ou non. Quen tamén anda coa mosca detrás da orella respecto ao doutor é Celia, pois o .. show full overview
Albelos non pode evitar preocuparse polo benestar de Celia e trata de que abra os ollos. Quizais estea máis soa do que ela mesma pensa. O doutor tamén ten un agasallo moi especial para .. show full overview
Noa está disposta a todo para descubrir se Albelos é seu pai, mesmo a escoitar a furto unha conversa que a deixa coa boca aberta. A visita de Albelos fai que Celia reflexione sobre todas .. show full overview
Celia teno claro e pensa confesar o seu amor. A única pregunta é se el, sexa quen sexa, sente o mesmo. A doutora tamén decide abrirse coa súa filla e contarlle algo que leva ocultando .. show full overview
Celia e Raúl están cheos de dúbidas. O amor entre eles é inesquecible, pero se Mónica e Noa se decatasen do que sucede as súas vidas derrubaríanse por completo... e a Noa dáselle moi ben .. show full overview
Santi trata de convencer a Celia de que a súa aventura con Raúl non é unha boa idea. Será suficiente para que a doutora renuncie ao amor da súa vida? Raúl parece que xa tomou a súa .. show full overview
A pesar de que Santi decidiu arrepoñerse a Raúl para tratar de afastalo de Celia, o fillo maior dos López de Castro parece disposto a ter por fin a historia de amor que el e a doutora .. show full overview
A aventura que manteñen Celia e Raúl pende dun fío. Que acaben xuntos depende unicamente dunha pregunta: está Mónica esperando un fillo del? Brais non quere ver a Lucho diante agora que .. show full overview
Raúl continúa sen saber con certeza se Mónica está embarazada e ela négase a dicirllo. O home trata de buscar consello en Celia, pero a situación non lle fai graza á doutora. A ameaza de .. show full overview
Lucho asume como pode que non só perdeu un amigo, senón tamén a posibilidade de achegarse á súa filla. Noa segue doída con el e coa súa nai despois do que pasou. Menos mal que a rapaza .. show full overview
Celia quérelle aforrar un desgusto a seu pai e non lle conta que Lucho é o pai de Noa, pero manter o segredo non lle vai resultar doado. Dimas non parece capaz de afrontar unha reunión .. show full overview
O estraño comportamento de Celia fai que todos comecen a sospeitar que a doutora por fin atopou mozo. Agora todos se preguntan o mesmo: quen é o dono do seu corazón? Ao contrario cá .. show full overview
Isidro segue sen ter nin idea de quen é o verdadeiro mozo de Celia, situación que a doutora pensa aproveitar. O que si descobre Isidro é o que teñen entre mans Noa e Lucho e non pensa .. show full overview
Celia non pode dicir unha palabra sobre o embarazo de Mónica polo segredo profesional. Se o quere contar terá que argallar algo para non meterse en problemas. A doutora debe tomar a dura .. show full overview
Agora que as cousas están revoltas entre ela e Raúl, Celia debe ir con coidado se non quere que Isidro descubra que a súa relación con Santi é unha comedia. Raúl ten moitas outras .. show full overview
Agora que Celia e Raúl xa non están xuntos, Isidro quere emparellar a doutora con Santi e parece que non é o único que avoga por esa relación. Lucho continúa intentando non caer nas .. show full overview
Elba e Lucho continúan coa reforma, pero non se dan moito xeito cos amaños polo que necesitan atopar alguén que os axude. O home ten problemas máis importantes porque non está disposto a .. show full overview
Os López de Castro están cada vez máis preto de atopar o misterioso investidor de Raúl. Este e mais Mónica trazan un arriscado plan para facerse coas probas que buscan. Lucho vese .. show full overview
Raúl está máis dubidoso ca nunca. Chegoulle o momento de decidirse entre Mónica e Celia. E escollerá o que lle dite a súa cabeza ou o que lle diga o corazón? Co diagnóstico da .. show full overview
Teresa e Dimas reciben unha información que os pode obrigar a cambiar os seus plans de vender a súa parte de Caldeirada de Abrente. Celia leva tempo sen fiarse das intencións de Mónica e .. show full overview
Teresa e Dimas reciben unha información que os pode obrigar a cambiar os seus plans de vender a súa parte de Caldeirada de Abrente. Celia leva tempo sen fiarse das intencións de .. show full overview
Porto de Abrente amence cunha pintada na fachada na que se le en letras ben grandes GASPAR ASASINO. Os López de Castro están que botan lume e pretenden que o culpable pague polos seus .. show full overview
Mónica sofre unha gran crise no seu embarazo. O bebé está en perigo e Raúl parece disposto a permanecer ao lado da súa familia pase o que pase. Mónica e Adela non poden deixar pasar .. show full overview
Mónica está disposta a facer o que sexa necesario para romper a relación entre Celia e Raúl. Non dubida en usar todas as armas ao seu alcance, pero Celia non se vai deixar pisar. Raúl, .. show full overview

Characters