Saudade de ti

Saudade de ti

16 (1x16)


:

Santi xa sabe o diagnóstico de Artai e non é bo. As mentiras de Mónica e Raúl romperon a súa amizade e encheron a Celia de dúbidas. Ten que descubrir a verdade. Teresa trata de convencer a Isidro para que declare que Lucho colleu sen permiso as chaves da furgoneta o día do accidente. Todo por afundir aínda máis o seu xenro. Os estraños movementos de Adela, que somete a empresa a unha auditoría, fan saltar todas as alarmas. Se revisan as contas Dimas vaise meter nunha boa lea.

  • :
  • : 86
  • : 0
  • 22