Log in om afleveringen als gekeken te markeren. Inloggen of aanmelden.
Seizoen 2
Uitzenddatum
Apr 15, 2008
Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles
.. show full overview
Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles expoña a súa decisión sobre marchar ou non da vila, para poñerse a dispor do que é a súa verdadeira vocación, ser misioneiro. Pero finalmente algo sucederá...
Uitzenddatum
Apr 21, 2008
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda
.. show full overview
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda máis; non debemos esquecer que a vila xa ten novo párroco.
Por outra banda, o oficiosamente ex concello de Louredo ten un importante asunto pendente: necesita un novo nome no padrón.
Uitzenddatum
Apr 28, 2008
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai
.. show full overview
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai teorías para todos os gustos, aínda que moitos son os que xa botaron a lingua a pacer e adxudicáronlle a paternidade ao "Pater" máis famoso da TVG.
O tempo corre rápido estes días en Louredo, un bebé, de pais descoñecidos, vaga entre entre dous limbos; o legal e o teologal. Delmiro aboga por rescatalo do primeiro e Crisanto do segundo; establecer prioridades xa é outro cantar.
Mentres o concello e a parroquia pelexan pola tutela do neno, Horacio Casares investiga a orixe do pequeno;alleo aos comentarios que sobre el corren como a pólvora pola vila.
Uitzenddatum
Mei 05, 2008
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da
.. show full overview
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da vila.
A vida na parroquia adáptase á actualidade a marchas forzadas. Novas de máis para os veciños máis tradicionais, e temas de conversación para os máis cotillas da localidade.
Santo Antonio de Louredo aínda non se repuxo da sorpresa que supuxo o achádego dun bebé ás portas da casa do cura. O rapaz, aínda que moitos non o saben, chamarase Antonio. Agora o padre Casares intenta convencer a Fina para que confese, sen ningún temor, que ela é a nai do neno. Difícil tarefa, sobre todo, se se ten en conta que Fina é a filla de Puri, a veciña máis cotilla e intransixente de Louredo…
Uitzenddatum
Mei 12, 2008
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual
.. show full overview
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual declarado da localidade. Unha vez máis, Horacio Casares exercía de mediador. Nesta ocasión, o conflito saldábase con varios lesionados. Horacio, Iria e Maite eran vítimas colaterais das labazadas perdidas. Pola súa parte, don Crisanto decidiu poñer punto final á suposta crise moral da vila. Cecilia, a sancristá moza, ante os reproches do sacerdote decidía abandonar o seu posto de traballo. Esta semana en Padre Casares, oferta de emprego para sancristáns.
Uitzenddatum
Mei 19, 2008
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia
.. show full overview
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o "play" van levar máis dunha sorpresa...
Uitzenddatum
Mei 26, 2008
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa
.. show full overview
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución?
Uitzenddatum
Jun 02, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Uitzenddatum
Jun 09, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Uitzenddatum
Jun 16, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Uitzenddatum
Sep 15, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Uitzenddatum
Sep 22, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Uitzenddatum
Sep 29, 2008
This episode has no summary.
This episode has no summary.
Als er afleveringen of banners missen (en ze staan op TheTVDB), dan kun je een automatische update van de serie aanvragen:
Update van serie aanvragen
Update aangevraagd