Hospital Real
Abstinencia (1x7)
Date de diffusion: Jun 21, 2015
O Santo Oficio non deixa descanso no Hospital Real. Primeiro a detención do doutor Devesa e agora a do boticario, uns feitos que provocan que don Andrés teña un enfrontamento con Gaspar Somoza e co padre Bernardo. As loitas de poder por facerse co posto do cabido do Hospital Real están en xogo e todos buscan un xeito de desacreditar o administrador.
O doutor Devesa e Daniel continúan investigando os asasinatos. Mendoza é consciente das pescudas dos doutores e non está disposto a que se acheguen a el, polo que lles ten que dar un xiro ás súas aspiracións e precisa de Duarte para que faga o traballo sucio e incrimine a Irene Forner nos asasinatos.
Tras a desaparición do libro de contas, don Andrés só pode pensar que a irmá Úrsula é a culpable, xa que só el e a monxa teñen chave da caixa forte. O administrador vese na obriga de enfrontarse coa irmá Úrsula e quitarlle as chaves. A monxa non pode consentir esta acusación e decide vingarse de don Andrés facéndolle dano ao que máis quere: a súa filla.
A detención de Cristóbal provoca que non teña acceso ao opio e enferma. O padre Bernardo decide sacalo do Santo Oficio e ingresalo no hospital. A síndrome de abstinencia do licenciado Vilar fai que a súa vida penda dun fío.
- Première: Mai 2015
- Épisodes: 15
- Abonnés: 0
- Fini
- Televisión de Galicia
- Dimanche à 22