Serramoura
Moito que calar (2x11)
Date de diffusion: Déc 13, 2015
Don Amancio, o párroco da vila, vive torturado polo segredo de confesión. O seu sancristán fíxoo partícipe do peor dos relatos e a súa condición de sacerdote obrígao a calar. O cura desexa abandonar a vila, pero a súa marcha prexudicaría seriamente a Santos, que non pensa deixar escapar un dos seus mellores negocios.
Co anuncio da posible marcha de Don Amancio, comeza a loita polos terreos da parroquia. Vender ou deixar a Santos á fronte? Que será o correcto? Ao párroco preocúpalle unha soa cousa: o benestar dos seus traballadores.
Mentres, a Garda Civil parece pechar o círculo de sospeitosos na súa investigación da morte de Álex. Catro homes sentados arredor dunha mesa e todos con algo que calar. Só queda esperar a que un deles diga a primeira palabra. Será o párroco, o vigairo, o sancristán ou o anticuario?
Mentres tanto, Evaristo Fiúza presenta formalmente a súa candidatura á alcaldía de Serramoura, con Teresa Soutelo como valedora e única fonte de financiamento, un xogo perigoso que pode ter consecuencias insospeitadas.
- Première: Oct 2014
- Épisodes: 173
- Abonnés: 1
- Fini
- Televisión de Galicia
- Dimanche à 22