Serramoura

Serramoura

Sospeitas (1x9)


Date de diffusion: Nov 30, 2014

Tras aparecer a arma homicida no fogar dos Fiuza, un segredo instalouse entre os seus muros de pedra: para os membros da familia, non cabe dúbida de que un deles é o asasino. Evaristo é culpable a ollos de Gloria e Román. Mentres que o seu fillo é o asasino, sen ningunha dúbida, en opinión do patriarca e de Hugo, o seu avogado. E, aínda que o silencio se impón como consigna a seguir, a situación porá a proba a fidelidade dos membros da familia máis poderosa de Serramoura. O resto da vila segue a sufrir os danos colaterais desta historia que, semana a semana, se complica un pouco máis. Raquel e Pancho pasan posiblemente polo peor momento das súas vidas, que pouco ten que ver coa súa danada relación de parella. Pancho está en débeda con Santos e este non é un tipo que se caracterice, precisamente, pola súa paciencia á hora de cobrar as súas débedas. Se Pancho non mata a Diego Bazán, Santos está disposto a tomar represalias contra a súa familia. E, entre tantas complicacións, a Garda Civil pregúntase agora onde foi parar a arma homicida. Saben que estaba na casa dos Fiuza e que alguén tivo que sacala de alí. Pero ninguén sabe onde está agora. Ninguén menos Emilio, o médico da vila. Convertido nun paria dentro de Serramoura desde que se coñeceu a súa relación con Mónica, decide investigar a morte da camareira pola súa conta, disposto a demostrar a súa inocencia.

  • Première: Oct 2014
  • Épisodes: 173
  • Abonnés: 1
  • Fini
  • Televisión de Galicia
  • Dimanche à 22