Você precisa estar logado para marcar um episódio como visto. Entrar ou registar.
Temporada 1
Losada tivo a sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque se non morrería. Tras ser intervido, recupérase nun cuarto do Francisco Balmis coma un paciente máis.
.. show full overview
Losada tivo a sorte de atoparse á beira do hospital cando lle deu o ataque, porque se non morrería. Tras ser intervido, recupérase nun cuarto do Francisco Balmis coma un paciente máis. Laura, que non chegou a marchar a Mallorca, está ao seu carón, xa non coma a súa noiva, senón coma a súa prometida. Todo pinta ben para a feliz parella, pero axiña unha terceira persoa irrompe na relación: Fina, a nai de Losada.
A aparición do corpo sen vida de Marcos alterará a vida do Francisco Balmis, sobre todo cando levan a Xurxo para tomar declaración na comisaría.
Por outra banda, Henrique, o novo xefe
.. show full overview
A aparición do corpo sen vida de Marcos alterará a vida do Francisco Balmis, sobre todo cando levan a Xurxo para tomar declaración na comisaría.
Por outra banda, Henrique, o novo xefe de cirurxía cardiotorácica, sorprende a Sara e a Lois cando lles confesa que el non opera. O que estes non saben é a causa: un lamentable suceso ocorrido en Siria, o seu último destino, deixoulle un trauma que lle impide operar e que só é capaz de mitigar con alcol.
Losada continúa tendo a Henrique como o principal sospeitoso da morte de Marcos, pero axiña descobre que non é un asasino, senón que é alcólico.
Serantes sabe que se Henrique bebe é
.. show full overview
Losada continúa tendo a Henrique como o principal sospeitoso da morte de Marcos, pero axiña descobre que non é un asasino, senón que é alcólico.
Serantes sabe que se Henrique bebe é porque ten un trauma e, para axudalo a superalo, envíao a un grupo de terapia para médicos que hai no hospital.
Mentres, a noticia do embarazo chégalle a Ánxela no peor momento, cando por fin recuperou o posto de xerente do hospital.
Losada pensa que Lois está relacionado coa morte de Marcos, polo que comeza a investigalo. Axiña as pescudas darán os seus froitos. Grazas á curiosidade do doutor Losada, os espectadores
.. show full overview
Losada pensa que Lois está relacionado coa morte de Marcos, polo que comeza a investigalo. Axiña as pescudas darán os seus froitos. Grazas á curiosidade do doutor Losada, os espectadores saberán esta semana algo máis da vida amorosa do cirurxián, o sedutor oficial do Francisco Balmis.
Ademais, Lois e Ánxela danlles a Vitu e a Sara a gran noticia: están embarazados. Pero non todo son alegrías, xa que Ánxela e Sara comezan a preocuparse pola súa herdanza xenética. Ambas as dúas poderían ter a enfermidade do ELA.
Xurxo Prieto converterase na nova estrela do Francisco Balmis por un vídeo en que a actriz Vera Dávila lle dá un bico, polo que agora os rumores que apuntan a unha relación entre o
.. show full overview
Xurxo Prieto converterase na nova estrela do Francisco Balmis por un vídeo en que a actriz Vera Dávila lle dá un bico, polo que agora os rumores que apuntan a unha relación entre o doutor Prieto e a actriz inundarán todos os recunchos do Balmis.
Por outra parte, Losada segue a facer das súas no hospital, e a investigación que leva a cabo sobre a morte de Marcos estalle pasando factura á súa saúde, como demostra o seu esvaecemento na cafetería. Coma o seu cardiólogo, Sabih recoméndalle que deixe de xogar aos detectives, pero Losada négase en rotundo.
Grazas á insistencia de Daniel Losada, a tenente Costa chega cun grupo de homes disposta a arrestar a Xavi polo asasinato de Marcos, o xerente do hospital. Con todo, este consegue fuxir
.. show full overview
Grazas á insistencia de Daniel Losada, a tenente Costa chega cun grupo de homes disposta a arrestar a Xavi polo asasinato de Marcos, o xerente do hospital. Con todo, este consegue fuxir no seu coche, sen decatarse de que leva consigo un incómodo polisón: Losada.
Pola súa parte, Sara intenta asumir a verdadeira identidade de Gabriel, que é unha testemuña protexida, á vez que un home misterioso se presenta no Francisco Balmis preguntando por el.
O asasino de Marcos xa ten nome. Por fin se coñecerá o como e o por que da morte do xerente do hospital. Xabi non apertou ningún gatillo, tampouco lle subministrou ningún veleno ao seu
.. show full overview
O asasino de Marcos xa ten nome. Por fin se coñecerá o como e o por que da morte do xerente do hospital. Xabi non apertou ningún gatillo, tampouco lle subministrou ningún veleno ao seu compañeiro de traballo nin lle asestou golpe nin puñalada ningunha. O pecado de Xabi consistiu en omitir o deber de socorro, consciente da morte inminente e agónica de Marcos. O seu segredo converteuno nun asasino e nun traidor ao xuramento hipocrático, que obriga todo o persoal sanitario a asistir a quen o precise, en calquera lugar e momento e na medida do posible.
Se faltam episódios ou banners (e eles existem no TheTVDB) você pode solicitar uma atualização automática :
Solicite uma atualização
Atualização solicitada