Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles .. show full overview
Os veciños da vila de Louredo xa senten, de feito e de fe, como hai un antes e un despois desde a chegada do novo párroco, van vivir abraiados o momento en que o Padre Casares lles expoña a súa decisión sobre marchar ou non da vila, para poñerse a dispor do que é a súa verdadeira vocación, ser misioneiro. Pero finalmente algo sucederá...
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda .. show full overview
Algo moi gordo tivo que suceder para que o xa ex párroco de Santo Antonio de Louredo decidira regresar. Pero se dous curas eran demasiados en Louredo, agora a cousa complicarase aínda máis; non debemos esquecer que a vila xa ten novo párroco.
Por outra banda, o oficiosamente ex concello de Louredo ten un importante asunto pendente: necesita un novo nome no padrón.
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai .. show full overview
Un bebé foi abandonado na casa do cura de Louredo e Horacio Casares, antes párroco da vila, vese na obriga a regresar. Pero, quen son os proxenitores do pequeno? Na localidade hai teorías para todos os gustos, aínda que moitos son os que xa botaron a lingua a pacer e adxudicáronlle a paternidade ao "Pater" máis famoso da TVG.
O tempo corre rápido estes días en Louredo, un bebé, de pais descoñecidos, vaga entre entre dous limbos; o legal e o teologal. Delmiro aboga por rescatalo do primeiro e Crisanto do segundo; establecer prioridades xa é outro cantar.
Mentres o concello e a parroquia pelexan pola tutela do neno, Horacio Casares investiga a orixe do pequeno;alleo aos comentarios que sobre el corren como a pólvora pola vila.
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da .. show full overview
Demasiados cambios para unha vila tan pequena como Santo Antonio de Louredo. Primeiro a historia do bebé abandonado, aínda sen aclarar; e agora, a saída do armario dun veciño da vila.
A vida na parroquia adáptase á actualidade a marchas forzadas. Novas de máis para os veciños máis tradicionais, e temas de conversación para os máis cotillas da localidade.
Santo Antonio de Louredo aínda non se repuxo da sorpresa que supuxo o achádego dun bebé ás portas da casa do cura. O rapaz, aínda que moitos non o saben, chamarase Antonio. Agora o padre Casares intenta convencer a Fina para que confese, sen ningún temor, que ela é a nai do neno. Difícil tarefa, sobre todo, se se ten en conta que Fina é a filla de Puri, a veciña máis cotilla e intransixente de Louredo…
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual .. show full overview
A semana pasada a vila mariñeira de Santo Antonio de Louredo vivía conmocionada por dous sucesos: o abandono dun neno na casa do párroco e o descubrimento do primeiro homosexual declarado da localidade. Unha vez máis, Horacio Casares exercía de mediador. Nesta ocasión, o conflito saldábase con varios lesionados. Horacio, Iria e Maite eran vítimas colaterais das labazadas perdidas. Pola súa parte, don Crisanto decidiu poñer punto final á suposta crise moral da vila. Cecilia, a sancristá moza, ante os reproches do sacerdote decidía abandonar o seu posto de traballo. Esta semana en Padre Casares, oferta de emprego para sancristáns.
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia .. show full overview
O padre Casares e a vila de Santo Antón de Louredo van vivir hoxe unha xornada extraordinaria ao fío da actualidade, xa que van participar nun conto que está a circular por toda Galicia para celebrar o mes das Letras Galegas: a vila de maior éxito televisivo non podía quedar allea á efeméride cultural e ata ela vai chegar a caravana de O contador, a campaña institucional que botou a andar por todas as vilas galegas e que consiste na reconstrución dun conto en cadea co obxectivo de detectar diferenzas dialectais. Pois ben, o padre Casares vai ser un dos que non perdan esta oportunidade, como tampouco os fregueses de Louredo, que cando entren no Contador e preman o "play" van levar máis dunha sorpresa...
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa .. show full overview
Santo Antonio de Louredo converteuse nun punto negro no mapa automobilístico. O motivo: a crecente falta de pericia de don Crisanto ao volante. O sacerdote maior non é consciente da súa falta de reflexos e os veciños decidirán poñer freo á situación, polas boas ou polas malas. As autoridades non poden facer nada porque o ex párroco conduce un coche dos que non necesitan carné. Cal será a solución?