Tens de ter sessão iniciada para marcar episódios como vistos. Iniciar sessão ou registar.
Temporada 5
Data de estreia
Mai 23, 2023
A arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes afrontarán o reto de arranxar unha vivenda amoreada de construcións adxacentes en semirruínas no concello de Oza Cesuras. Alí coñecerán
.. show full overview
A arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes afrontarán o reto de arranxar unha vivenda amoreada de construcións adxacentes en semirruínas no concello de Oza Cesuras. Alí coñecerán a Marcos, un electricista voluntarioso mais pouco centrado nas funcións que lle encomendan, e á súa familia, quen tan só poñerá unha única condición na reforma: non esnaquizar a coidada leira que tanto traballo lles levou amañar.
Data de estreia
Mai 30, 2023
O equipo de Galicia Bonita asumirá a reforma dunha vivenda compartida por dúas familias en Castro de Rei. As diferenzas entre ambas parellas poñerán en risco o bo facer dos operarios
.. show full overview
O equipo de Galicia Bonita asumirá a reforma dunha vivenda compartida por dúas familias en Castro de Rei. As diferenzas entre ambas parellas poñerán en risco o bo facer dos operarios dirixidos por Rosa, quen deberá facer de xuíza de paz e manter o equilibrio durante unha xélida e nevada semana de traballo.
Data de estreia
Jun 06, 2023
Rosa e os seus colaboradores afrontarán o reto de desenvolver a reforma dunha pequena vivenda en Tomiño cumprindo coas sensibilidades dos seus propietarios Carven e Álex, unha parella
.. show full overview
Rosa e os seus colaboradores afrontarán o reto de desenvolver a reforma dunha pequena vivenda en Tomiño cumprindo coas sensibilidades dos seus propietarios Carven e Álex, unha parella ecoloxista que quere tornar ás súas orixes despois de moitos anos dando voltas polo mundo e do gasto excesivo de recursos na cidade.
Data de estreia
Jun 13, 2023
En Ponteceso, o equipo de `Galicia Bonita´enfróntase a unha illada vivenda en bloque e a unha anciá propietaria, Dosinda, que leva un exhaustivo control da reforma. O ambicioso do
.. show full overview
En Ponteceso, o equipo de `Galicia Bonita´enfróntase a unha illada vivenda en bloque e a unha anciá propietaria, Dosinda, que leva un exhaustivo control da reforma. O ambicioso do proxecto dificulta unha semana que podería demorarse máis alá dos cinco días previstos.
Data de estreia
Jun 17, 2023
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Arzúa o reto de unificar unha vivenda de planta baixa, en pedra e ladrillo, froito dunha ampliación. Ademais, Carles debe ofrecer unha solución creativa para uns invernadoiros case en ruínas.
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Arzúa o reto de unificar unha vivenda de planta baixa, en pedra e ladrillo, froito dunha ampliación. Ademais, Carles debe ofrecer unha solución creativa para uns invernadoiros case en ruínas.
Data de estreia
Set 24, 2023
O equipo de Galicia Bonita afronta en Barbadás a reforma dunha vivenda familiar en rehabilitación. A dispersión dos seus propietarios e Manoli, a nai dun deles, alérxica a desfacerse dos
.. show full overview
O equipo de Galicia Bonita afronta en Barbadás a reforma dunha vivenda familiar en rehabilitación. A dispersión dos seus propietarios e Manoli, a nai dun deles, alérxica a desfacerse dos obxectos inservíbeis, pon en apuros a Rosa e aos seus fieis axudantes.
Data de estreia
Out 01, 2023
Desta volta, a arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes intentan rematar a vivenda de Lorena e Javier en Sabucedo, arranxada na fronte pero abandonada pola parte traseira. Os
.. show full overview
Desta volta, a arquitecta Rosa Facal e os seus fieis axudantes intentan rematar a vivenda de Lorena e Javier en Sabucedo, arranxada na fronte pero abandonada pola parte traseira. Os problemas de saúde do propietario e un fillo con TEA converten a reforma nun auténtico desafío para o equipo de Galicia Bonita.
Data de estreia
Out 08, 2023
Rosa e os seus axudantes viaxan a Verín, onde atoparán a propiedade de Miryam, cunha leira absolutamente desafiuzada e unha casiña e unha zona de lecer en estado total de decadencia.
Rosa e os seus axudantes viaxan a Verín, onde atoparán a propiedade de Miryam, cunha leira absolutamente desafiuzada e unha casiña e unha zona de lecer en estado total de decadencia.
Data de estreia
Out 15, 2023
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Mañón o reto de desenvolver a reforma dunha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal, conxunta coas vivendas de dúas veciñas,
.. show full overview
Rosa e os seus colaboradores afrontan en Mañón o reto de desenvolver a reforma dunha palleira, un hórreo e un muro de pedra. A fachada frontal, conxunta coas vivendas de dúas veciñas, obriga á líder de 'Galicia Bonita' a ocuparse de tarefas que non están contempladas na súa listaxe.
Data de estreia
Out 22, 2023
En Baldomar, Rosa e os seus axudantes afrontan a reforma dunha vivenda de mediados do século XIX. Porén, o reto máis grande do equipo atoparase no toldo para cear, adaptado e cuberto cunha lona de publicidade polos seus propietarios.
En Baldomar, Rosa e os seus axudantes afrontan a reforma dunha vivenda de mediados do século XIX. Porén, o reto máis grande do equipo atoparase no toldo para cear, adaptado e cuberto cunha lona de publicidade polos seus propietarios.
Data de estreia
Out 29, 2023
O equipo de Galicia bonita visita Friol, alí, as cortes de Concha quedaron sen rematar moitos anos despois da súa construción. A falta de persoal no equipo de Rosa, minguando durante a semana, levará ao límite unha reforma moi modesta no seu inicio.
O equipo de Galicia bonita visita Friol, alí, as cortes de Concha quedaron sen rematar moitos anos despois da súa construción. A falta de persoal no equipo de Rosa, minguando durante a semana, levará ao límite unha reforma moi modesta no seu inicio.
Data de estreia
Nov 19, 2023
En Ponteareas, Rosa e o equipo de reformas afrontarán o reto de darlle unha volta á vivenda de Paula. O seu pai, Manolo, estará en contra dunha recuperación que pase por rebaixar a
.. show full overview
En Ponteareas, Rosa e o equipo de reformas afrontarán o reto de darlle unha volta á vivenda de Paula. O seu pai, Manolo, estará en contra dunha recuperación que pase por rebaixar a altura de muros e portóns, deixando a propiedade máis exposta a veciños e delincuentes.
Se faltar algum episódio ou banner (e eles existirem no TheTVDB) podes solicitar uma atualização automática:
Pede uma actualização
Actualização pedida