Musisz być zalogowany żeby oznaczyć odcinki jako obejrzane. Zaloguj Się albo zarejestruj się.
Sezon 1
Porco Bravú e Vodoo Creatives dan o 'Cunqueirazo'. Estrea da webserie "Conversas con Cunqueiro" co capítulo piloto "Segredos". A Praza do Humor recolle as reflexións do noso protagonista
.. show full overview
Porco Bravú e Vodoo Creatives dan o 'Cunqueirazo'. Estrea da webserie "Conversas con Cunqueiro" co capítulo piloto "Segredos". A Praza do Humor recolle as reflexións do noso protagonista coa estatua de Don Álvaro. "Se todos soubésemos a verdade de todo seriamos libres...". Óscar e Cunqueiro, Cunqueiro e Óscar.
Conversas con Cunqueiro, a webserie que emocionou a Rosalía de Castro, chega co seu segundo asalto. Tanto falar do futuro non e bo para a saúde e Óscar estoupa mentres Don Álvaro
.. show full overview
Conversas con Cunqueiro, a webserie que emocionou a Rosalía de Castro, chega co seu segundo asalto. Tanto falar do futuro non e bo para a saúde e Óscar estoupa mentres Don Álvaro escoita. "Deixaches a cultura galega no sitio que lle pertence, e agora...".
Terceiro capítulo da webserie Conversas con Cunqueiro. Desta vez Óscar ten morriña do clube. Que carallo vían na tele os nenos que non vivían en Galiza? Moitas tardes de nocilla e tele
.. show full overview
Terceiro capítulo da webserie Conversas con Cunqueiro. Desta vez Óscar ten morriña do clube. Que carallo vían na tele os nenos que non vivían en Galiza? Moitas tardes de nocilla e tele que fixeron medrar a toda unha xeración "cheirando ao bravú" (como dicían os Diplomáticos).
Cuarto capítulo da webserie máis enxebre do País. Neste novo #Cunqueirazo Óscar fai súa a máxima do adestrador holandés "sempre negatifo, nunca positifo". Farto de ver tantas caras tristes procura axuda no seu amigo Alvariño.
Cuarto capítulo da webserie máis enxebre do País. Neste novo #Cunqueirazo Óscar fai súa a máxima do adestrador holandés "sempre negatifo, nunca positifo". Farto de ver tantas caras tristes procura axuda no seu amigo Alvariño.
Quinto asalto do #Cunqueirazo. Outro domingo máis Óscar achégase até Don Álvaro para botar a tarde a tomar unha birra. Desta vez non sabe se está a madurar ou se pasa moito tempo a ver a
.. show full overview
Quinto asalto do #Cunqueirazo. Outro domingo máis Óscar achégase até Don Álvaro para botar a tarde a tomar unha birra. Desta vez non sabe se está a madurar ou se pasa moito tempo a ver a TVG "pero algo non funciona". Desfrutade desta nova entrega da webserie que emocionou a Rosa Díez.
Sexto episodio do famoso #Cunqueirazo. A Praza do Humor e todo o seu encanto nocturno volven nesta entrega das 'Conversas con Cunqueiro'. Óscar non pode durmir e achégase a Don Álvaro
.. show full overview
Sexto episodio do famoso #Cunqueirazo. A Praza do Humor e todo o seu encanto nocturno volven nesta entrega das 'Conversas con Cunqueiro'. Óscar non pode durmir e achégase a Don Álvaro para divagar con el. "Aínda te van coñecer máis polo Porco que por Sinbad...".
A Cunqueiro se lle acumula o traballo de psicólogo. Xa non hai risos, xa non hai birras e Óscar chega cun paraugas cando non chove. "O problema son eu". Preparade os kleenex para desfrutar deste novo capítulo das "Conversas con Cunqueiro".
A Cunqueiro se lle acumula o traballo de psicólogo. Xa non hai risos, xa non hai birras e Óscar chega cun paraugas cando non chove. "O problema son eu". Preparade os kleenex para desfrutar deste novo capítulo das "Conversas con Cunqueiro".
Número oito... Número oito... CHEGOU! Entramos na recta final do #Cunqueirazo con "A velas vir". Fai falta que alguén lle diga un par de cousas a Óscar xa que Alvariño non está disposto.
.. show full overview
Número oito... Número oito... CHEGOU! Entramos na recta final do #Cunqueirazo con "A velas vir". Fai falta que alguén lle diga un par de cousas a Óscar xa que Alvariño non está disposto. "Eu non vexo que esteas a loitar por nada". Deixade de chorar polo final de Breaking Bad que o mellor das Conversas aínda está por chegar!
Noveno asalto da serie máis bravú da internet. Óscar parece canso de ver todos os seus esforzos tirados no chan e comeza o principio da mudanza.
Noveno asalto da serie máis bravú da internet. Óscar parece canso de ver todos os seus esforzos tirados no chan e comeza o principio da mudanza.
Novo capítulo da webserie preferida do ministro W€rt. Menos crucifixo e máis traballo fixo. Óscar está farto de ouvir pola tele tanto político máis preocupado polos rezos dos parados que
.. show full overview
Novo capítulo da webserie preferida do ministro W€rt. Menos crucifixo e máis traballo fixo. Óscar está farto de ouvir pola tele tanto político máis preocupado polos rezos dos parados que polo futuro de tantos millóns de persoas. "Cuestión de fé é o meu con Laura".
Novo asalto da serie máis bravú da internet! Óscar continúa sen encontrar o rumbo da súa vida e non atura a hipocrisía que topa alí onde pon o ollo. "A realidade dá noxo" canta xunto a
.. show full overview
Novo asalto da serie máis bravú da internet! Óscar continúa sen encontrar o rumbo da súa vida e non atura a hipocrisía que topa alí onde pon o ollo. "A realidade dá noxo" canta xunto a un guitarrista Cunqueiriano e o vocalista dos Buffet Terrié como estrela convidada.
ATENCIÓN! ATENCIÓN! Chegou "Censura"! Novo capítulo do #Cunqueirazo con Lorenzo e Óscar en pé de guerra. E todo por culpa de facer humor con pirolas. O capítulo dos tacos, dos diálogos
.. show full overview
ATENCIÓN! ATENCIÓN! Chegou "Censura"! Novo capítulo do #Cunqueirazo con Lorenzo e Óscar en pé de guerra. E todo por culpa de facer humor con pirolas. O capítulo dos tacos, dos diálogos frenéticos. O capítulo coa monxa figurante. Desfrutade desta nova entrega das "Conversas con Cunqueiro" antes de despedir a temporada.
Último capítulo da primeira temporada. Óscar abre os ollos e comprende que ten que mudar a súa forma de vida. Deixará por fin a Cunqueiro? Non perdades este derradeiro episodio en que as mulleres toman a Praza do Humor.
Último capítulo da primeira temporada. Óscar abre os ollos e comprende que ten que mudar a súa forma de vida. Deixará por fin a Cunqueiro? Non perdades este derradeiro episodio en que as mulleres toman a Praza do Humor.
Jeśli brakuje odcinków lub banerów (a znajdują się w TheTVDB) możesz zgłosić serial do automatycznej aktualizacji:
Zgłoś serial do aktualizacji
Aktualizacja zgłoszona