Log in om afleveringen als gekeken te markeren. Inloggen of aanmelden.
Seizoen 2
Uitzenddatum
Jan 27, 2020
No Galicia Bonita de hoxe Rosa e os seus axudantes chegarán ata Ourense. Alí, entre ferralla e amianto, atoparanse cunha fanática do equipo de reformas. Paqui chamará a todo o seu
.. show full overview
No Galicia Bonita de hoxe Rosa e os seus axudantes chegarán ata Ourense. Alí, entre ferralla e amianto, atoparanse cunha fanática do equipo de reformas. Paqui chamará a todo o seu séquito de amigas para que veñan coñecer aos seus ídolos mentres a obra camiña con numerosos atrancos.
Uitzenddatum
Feb 03, 2020
En A Estrada, a arquitecta e os operarios de Galicia Bonita terán que negociar contra todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo de reformas
.. show full overview
En A Estrada, a arquitecta e os operarios de Galicia Bonita terán que negociar contra todo tipo de inclemencias. Ademais dunha enorme palleira para reformar, o equipo de reformas enfrontarase ás diferenzas no criterio dos propietarios, uns rapaces amadores da boa troula e unha climatoloxía moi cambiante.
Uitzenddatum
Feb 10, 2020
Na reforma de hoxe, Rosa, Javier, Carlos e Laira terán que enfrontarse a unha palleira forrada de fibrocemento, a Pocholo, un porco nada amistoso e a Esther e Julia; nai e filla que non
.. show full overview
Na reforma de hoxe, Rosa, Javier, Carlos e Laira terán que enfrontarse a unha palleira forrada de fibrocemento, a Pocholo, un porco nada amistoso e a Esther e Julia; nai e filla que non coinciden nas necesidades da obra a realizar en Córneas; unha aldea de Forcarei.
Uitzenddatum
Feb 17, 2020
Neste capítulo, Rosa, Laira, Javier e Carlos deberán lidiar cunha comunidade ben peculiar. Liderados por Plácido e Emilia, os veciños de Guitiriz, entre os que se atopa o cura da
.. show full overview
Neste capítulo, Rosa, Laira, Javier e Carlos deberán lidiar cunha comunidade ben peculiar. Liderados por Plácido e Emilia, os veciños de Guitiriz, entre os que se atopa o cura da parroquia; chamarán á arquitecta para que faga fronte á reforma dun depósito comunal. Problemas co suministro da auga e coa falta de entendemento dos propietarios levarán ao equipo de Galicia Bonita a tomar unha decisión sen precedentes.
Uitzenddatum
Feb 24, 2020
Rosa visita Pontecesures onde recibirá unha proposta inesperada. Merche quere darlle unha sorpresa á súa irmá Estrella que vai estar unha semana de vacacións lonxe do pobo: reformarlle a
.. show full overview
Rosa visita Pontecesures onde recibirá unha proposta inesperada. Merche quere darlle unha sorpresa á súa irmá Estrella que vai estar unha semana de vacacións lonxe do pobo: reformarlle a súa triste e pouco vistosa vivenda. A falta de determinación e liderazgo de Merche tolearán á arquitecta e aos seus operarios quen deberán tomar importantes decisións ante a ausencia da propietaria.
Uitzenddatum
Mrt 02, 2020
En Barro, a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores enfrontaranse a uns cortellos e unha palleira nun estado calamitoso e a uns esixentes propietarios que non os deixarán descansar
.. show full overview
En Barro, a arquitecta Rosa Facal e os seus colaboradores enfrontaranse a uns cortellos e unha palleira nun estado calamitoso e a uns esixentes propietarios que non os deixarán descansar nin un só minuto. Coa premisa duns donos que queren derrubar con todo, o equipo de Galicia Bonita terá que botar o resto para chegar ao final da semana con algunha construción feita.
Als er afleveringen of banners missen (en ze staan op TheTVDB), dan kun je een automatische update van de serie aanvragen:
Update van serie aanvragen
Update aangevraagd