Hospital Real

Hospital Real

A vinganza (1x12)


Air date: Oct 27, 2015

O regreso de Mendoza a Santiago non é de agrado para ninguén, só para Elvira, que, coa nova alianza que ten con el, agarda poder acadar a posición social que tiña. Mendoza só quere atopar a vinganza perfecta para Andrés Osorio e así facerse co seu obxectivo e converterse no administrador do Hospital. A irmá Úrsula non se atopa moi ben. Todos notan que lle pasa algo pero ela intenta finxir, xa que non se pode permitir que a súa saúde estea en mans dos seus principais adversarios. O doutor Devesa, Alicia, as enfermeiras e Duarte teñen un motivo para vingarse da monxa e igual este é o momento oportuno para que pague pola súa maldade. O regreso de Mendoza tamén fai que chegue o momento de Duarte para vingarse do alcalde. Non quere continuar baixo as ordes de ninguén e comeza a preparar os seus plans de vinganza. O capitán Ulloa deixa o Hospital, xa que a súa lealdade ao exército nestes momentos de guerra pode máis que a súa saúde; a enfermeira Olalla segue sen dicirlle a seu pai que o compromiso con Daniel está anulado, e Irene Forner volve enfadar ó reverendo Gaspar polas súas ideas afrancesadas.

  • Rank #
  • Premiered: May 2015
  • Episodes: 15
  • Followers: 0
  • Ended
  • Televisión de Galicia
  • Sunday at 22