Método criminal

Método criminal

As motivacións dos personaxes (1x1)


Air date: Jan 31, 2021

Damián Canosa medrou vendo as series da TVG. Ten o número 73 do Club Xabarín, aprendeu de memoria todos os diálogos de Miro Pereira e descubriu antes ca ninguén quen era o asasino de Mónica Triáns. Pero a ficción que o marcou de por vida foi “Matalobos”. Fan incondicional do actor Luís Iglesia, idolatra o personaxe de Carmelo. Cousa curiosa posto que non pode ser máis distinto ca el. Afable, apoucado, miñaxoia, alérxico á violencia... Adícase en corpo e alma ó negocio da familia. Ó negocio legal, claro: “TANATORIO CANOSA E FILLOS”. No tanatorio, é feliz porque pode sacarlle partido a esa empatía brutal que toda persoa á que se lle acaba de morrer un ser querido agradece. É tan feliz que ata é quen de esquecer que o tanatorio é unha tapadeira que emprega o seu pai pra lavar cartos. Sen embargo, a Damián non lle queda outra que facerse co negocio da familia, o ilegal: o narcotráfico. Pero non sabe. Ou non quere. O que el quere é que nada cambie: seguir cos seus mortiños, coas súas vellas choromicando... Pero só pode facer unha cousa: aceptar o cargo de xefe do clan e conseguir facerse respectar. Ten que buscar axuda rápido e ten que vir de fóra. De alguén que poida ensinarlle a ser un líder temido, respectado. Alguén carismático. Un tipo deses que cando entra nun bar todo o mundo cala. Alguén como... Carmelo Matalobos. O problema é que non existe. É unha personaxe de ficción. ¿Entón? Terá que conformarse con Luis Iglesia, o actor que lle deu vida. Se foi quen de construír a personaxe, será quen de ensinarlle a ser tan bravo como Carmelo. Agora, ten que convencer a Luis Iglesia pra que o axude. Que iso vai ser outro cantar.

  • Rank #
  • Premiered: Jan 2021
  • Episodes: 20
  • Followers: 0
  • Ended
  • Televisión de Galicia
  • Sunday at 22