Serramoura
      O prezo a pagar (2x4)
      
      Exibido em:: Out 25, 2015
      A resolución do secuestro dos Fiúza rematou coa morte dun dos secuestradores, os irmáns Rial. Iago, o único sobrevivente dos dous atracadores, clama vinganza. O seu obxectivo: acabar coa vida da sarxento Marga Neira. Só o seu compañeiro, o sarxento Diego Bazán, pode protexela.
Os habitantes de Serramoura afrontan unha nova fatalidade: o incendio do viveiro. Pero o que parece un accidente é en realidade o resultado dun acto desesperado por parte de Roque, un dos propietarios. Unha acción que podería acabar coa vida da súa propia filla, Elena, e que axiña espertará as sospeitas da Garda Civil.
     
    
      
        
        
          
            - Estreou: Out 2014
- Episódios: 173
- Seguidores: 1
 
        
          
            -  Finalizada
-  Televisión de Galicia
-  Domingo às 22