Serramoura
Foraxido (1x17)
Exibido em:: Jan 25, 2015
Román e Roque son agora socios, pero Evaristo non o sabe. O fillo de Fiúza e o home de María decidiron asociarse para montar o seu propio negocio: un viveiro, un modo de vida propio para non ter que renderlle contas a ninguén e que para Román supón ademais a posibilidade de liberarse do peso que supón apelidarse Fiúza en Serramoura.
Mentres, no cuartel, Tomás decidiu dar un paso máis na investigación do asasinato de Araceli Marín. O seu obxectivo é o xuíz instrutor do caso e indutor do asasinato da moza prostituta.
Con todo, a Garda Civil ten un problema grave e o seu nome é Diego Bazán. O sarxento foi suspendido por Asuntos Internos e a investigación podería pór en perigo os dous casos en que traballou na vila: os de Mónica Triáns e Araceli Marín. Só hai dúas alternativas: conseguir o vídeo, en mans de dona Teresa, ou coller a Gonzalo antes de que chegue a Portugal. Este fuxiu do cárcere coa axuda de Santos e do xuíz que instrúe a súa causa.
Na casa dos Fiúza, as cousas melloraron entre Evaristo e o seu fillo, do que agora se mostra moi orgulloso, tras a impresionante competición no monte da que ambos os dous foron protagonistas. Pero hai unha cousa que Evaristo aínda non puido resolver: a venda fraudulenta de varios dos seus camións, supostamente ordenada por Román.
- Estreou: Out 2014
- Episódios: 173
- Seguidores: 1
- Finalizada
- Televisión de Galicia
- Domingo às 22