TAC
Capítulo 7 (1x7)
:
O asasino de Marcos xa ten nome. Por fin se coñecerá o como e o por que da morte do xerente do hospital. Xabi non apertou ningún gatillo, tampouco lle subministrou ningún veleno ao seu compañeiro de traballo nin lle asestou golpe nin puñalada ningunha. O pecado de Xabi consistiu en omitir o deber de socorro, consciente da morte inminente e agónica de Marcos. O seu segredo converteuno nun asasino e nun traidor ao xuramento hipocrático, que obriga todo o persoal sanitario a asistir a quen o precise, en calquera lugar e momento e na medida do posible.