Lobos e Cordeiros
Capítulo 3 (1x3)
:
Mario é aceptado nunha escola de arte. Buscar a inspiración dos seus debuxos en Helena pode traerlle aínda máis problemas agora que o capitán Bermúdez quere comezar a cortexala.
Cando o marqués sabe que os Mendoza volven ter liquidez para continuar coas obras do balneario, desconfía da súa muller. Co que non conta é con que alguén do pazo está a colaborar tamén coa súa inimiga, Pepa A Loba.