Urgency Zero (Urxencia Cero)
Urgency Zero (Urxencia Cero)
Familia (1x14)
:
Ánxela Souto ten que enfrontarse a unha das situacións máis difíciles da súa vida. E é que a súa xestión á fronte do Francisco Balmis está en dúbida. A situación da xerente non pasará desapercibida para o persoal do hospital, que loitará para que Ánxela manteña o seu posto.
Mentres, na Unidade de Transplantes teñen que facer fronte a un novo caso: Amador, un paciente que recibiu un transplante de fígado, sufriu un rexeitamento. Serantes e Pili terán que atopar o problema e solucionalo.