Urgency Zero (Urxencia Cero)

Urgency Zero (Urxencia Cero)

Segunda oportunidade (1x1)


:

O Hospital Francisco Balmis é un centro punteiro na realización de transplantes grazas, en parte, á dedicación do doutor Serantes. A fórmula sempre foi a mesma: ter aos mellores cirurxiáns, conseguir os fondos necesarios e aumentar o número de doadores. Así, o doutor Serantes gañou o respecto e a admiración dos seus colegas. Especialmente do doutor Losada, un médico brillante afeito a ser o centro de atención. Pero esa fórmula alterouna a xerente de hospital, Ánxela Souto, que contratou a unha das mellores cirurxiás abdominais do país, a doutora Eva Muíños. A pesar de que Losada comparte a decisión da dirección do Hospital de reforzar a Unidade de Transplantes, o que a bo seguro non esperaba é que a elixida fose a doutora Eva Muíños. Máis aló dos egos destes dous cirurxiáns, o que verdadeiramente enfronta a Losada e a Muíños é un asunto persoal.

  • :
  • : 15
  • : 0
  • Televisión de Galicia
  • 22