Serramoura

Serramoura

Sobran os motivos (1x11)


:

Gonzalo Soutelo é o asasino de "Serramoura" e a Garda Civil sábeo. Tres persoas tiveron que morrer para chegar a el, pero os axentes están xa tras a súa pista e un só descoido pode ser suficiente para capturalo. Agora falta esclarecer o móbil dos crimes. Mónica Triáns, o atracador do banco e Emilio, o médico da vila, morreron por un mesmo motivo e as pezas do crebacabezas parece que empezan a encaixar. Mentres, no fogar dos Fiúza, a familia ata agora máis poderosa de Serramoura, parece abrirse unha brecha demasiado grande entre pai e fillo. Evaristo e Román xa non están no mesmo bando e Gloria, a esposa do patriarca, gaña poder día a día. Por agora, só parece disposto a pararlle os pés Hugo, o avogado do seu home. Pero, quen gañaría se Evaristo tivese que elixir o seu home de confianza e a súa muller? Tampouco se respira tranquilidade na casa de Raquel. A súa filla Álex, conmovida polo mal estado de saúde do seu pai, decidiu levalo para a casa. O que antes era un fogar feliz é agora o acubillo dunha parella separada, cunha filla que fai o imposible porque as cousas volvan ser como antes.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • Måndag 22