Serramoura

Serramoura

Saldar contas (1x6)


:

En Serramoura ninguén é quen parece ser. Un tras outro, van caendo os habitantes da vila madeireira do seu pedestal. Primeiro foi Pancho, o marido de Raquel, quen tras negar mil veces a evidencia, non tivo máis remedio que confesar a infidelidade á súa muller. Unhas mensaxes de voz acabaron por delatalo. E o último foi nada menos que Emilio, médico da vila e parella de Marga Neira, o sarxento da Garda Civil. A ambas as dúas mulleres, as súas parellas traizoáronas coa mesma muller, Mónica Triáns. Unha vítima que a cada paso que avanza a investigación, menos inocente parece. Pero, por se non houbese bastantes sospeitosos na localidade, acaba de facer acto de presenza un novo personaxe, un tal Santos, dono dun despezamento e, en opinión da sarxento Neira, un home de negocios, todos eles ilegais. De quen tampouco se fía demasiado Diego Bazán é do seu propio tenente. Pero o que non sospeita o sarxento é que Tomás Penedo ten unha débeda pendente con Evaristo Fiúza e o poder suficiente para sacar á luz algo que podería acabar coa súa misión en Serramoura. Mentres tanto, no serradoiro dos Soutelo a situación económica segue empeorando e os traballadores ameazan cunha folga se non se lles paga o que se lles debe. Esta será agora a maior preocupación de Gonzalo e da súa nai, pero non de Raquel, administradora do negocio, que asiste con temor á consolidación da relación entre a súa filla e Román Fiúza.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • Måndag 22