Saudade de ti
71 (2x71)
:
Despois do xuízo, Gaspar queda libre de calquera responsabilidade polo accidente de tráfico que acabou coa vida de Uxía e de Olga. Non contenta con isto, Adela preséntase na Casa Eiroa para facer unha humillante proposta, o que vai obrigar a Teresa a tomar unha decisión radical.
Con Garay en coma, Celia trata de descubrir quen é o responsable da agresión que o deixou nese estado e chega a unha inquietante conclusión. Pola súa banda, Raúl e Isidro deciden quedar con ela para falaren das súas relacións de parentesco. Para desgraza de Santi, a nai de Artai preséntase en Abrente con intención de recuperar o tempo perdido co seu fillo.