Saudade de ti
63 (2x63)
:
Santi está cada vez máis preocupado polo estado de Celia. Ao descubrir que desapareceron do Centro de Saúde os medicamentos que tiñan para tratar a ansiedade, teme que a doutora estea a facer un mal uso deles. Raúl segue sen poder ser un apoio para Celia, pois Isidro e mais el están demasiado preocupados preparando as probas de ADN. Necesitan descartar a posibilidade de que Celia sexa filla de Gaspar, pero Mónica e Adela non van deixar que a verdade saia á luz tan facilmente