Saudade de ti
62 (2x62)
:
Celia está afectada pola morte da súa paciente Leire Uribe e polo descubrimento de que Garay, un home poderoso con quen ela estivo relacionada no pasado, acaba de saír do cárcere. Ademais, descoñece os motivos polos que Raúl está cada día máis distante.
A doutora Eiroa ignora que Raúl e Isidro están preocupados por unha terrible sospeita: Gaspar podería ser o pai de Celia. De ser así, Raúl e Celia serían irmáns e o seu amor sería imposible. Necesitan descubrir a verdade.