Saudade de ti
61 (2x1)
:
Despois de dous meses como parella, Raúl decide pedirlle matrimonio a Celia. Co propósito de arruinar o romance Mónica revélalle ao seu ex unha terrible sospeita: el e mais a súa moza poderían ser irmáns. Isidro decide dar un paso adiante na súa relación con Belén, a muller que coñeceu en Mallorca, e proponlle que vaia vivir con el sen consultalo coa súa filla.
Celia permanece allea a estas intrigas sentimentais porque ten que resolver os seus propios problemas. A morte de Leire Uribe, unha antiga paciente, fai que teña que remexer asuntos do seu pasado que ela devece por esquecer.
Elba loita consigo mesma para tratar de agochar diante dos demais os seus sentimentos amorosos cara a Lucho, o prometido da súa defunta irmá, que está desaparecido.