Saudade de ti
58 (1x58)
:
Porto de Abrente amence cunha pintada na fachada na que se le en letras ben grandes GASPAR ASASINO. Os López de Castro están que botan lume e pretenden que o culpable pague polos seus actos. Brais ten moi claro de quen se trata.
Celia e Raúl atópanse cun inconveniente na súa investigación: necesitan unha analítica de Gaspar que probe que estaba ebrio a noite do accidente. O único que a pode conseguir é Santi, así que van ter que pedirlle ese favor. Noa ten moi claro que como Lucho non deixe as malas compañías vai ter que tomar medidas drásticas.