Saudade de ti
50 (1x50)
:
Celia non pode dicir unha palabra sobre o embarazo de Mónica polo segredo profesional. Se o quere contar terá que argallar algo para non meterse en problemas. A doutora debe tomar a dura decisión sobre se rematar a súa historia de amor con Raúl ou non.
Elba e Noa trazan un plan para animar a Lucho. En Porto de Abrente as cousas non marchan precisamente ben para Mónica, pero non dubidará en utilizar as súas armas para tratar de virar as tornas. Isidro continúa enganado pensando que Santi é o seu xenro e revélalle un segredo que leva tempo ocultando.