Saudade de ti
45 (1x45)
:
Raúl continúa sen saber con certeza se Mónica está embarazada e ela négase a dicirllo. O home trata de buscar consello en Celia, pero a situación non lle fai graza á doutora. A ameaza de Brais ten efecto e Lucho trata de afrontar unha difícil conversa para revelarlle a Noa que el é seu pai.
Despois da súa discusión con Teresa, a muller dubida de se está facendo o correcto. Un erro de Dimas pon en perigo Caldeirada de Abrente e Raúl non pode permitir que todo o seu esforzo fose en van.