Saudade de ti
44 (1x44)
:
A aventura que manteñen Celia e Raúl pende dun fío. Que acaben xuntos depende unicamente dunha pregunta: está Mónica esperando un fillo del? Brais non quere ver a Lucho diante agora que sabe que é o pai de Noa, polo que toma medidas drásticas.
Lucho non está de ánimo para aguantar a ninguén, porque precisamente hoxe é o día que levaba tempo marcado no calendario. A mensaxe que Olga deixou no contestador apuntando que xa non tiña unha aventura con Gaspar é perfecta para que Adela faga o que mellor se lle dá: chantaxear.