Saudade de ti
30 (1x30)
:
Na lista só queda un Francisco, así que ten todas as papeletas para ser o pai de Noa. Dende logo a Celia non lle gustou nada escoitar o nome de Garay e pensa adiviñar o que pretende Gaspar. O enfermeiro non pode esquecer sen máis este asunto polo que intentará descubrir a que vén tanto segredo.
En Porto de Abrente Adela e Mónica teñen a vara e a besta. A súa candidata axiña se vai converter na portavoz dos transportistas. Unha xogada maxistral. Ou iso é o que pensan elas porque Raúl e Gaspar teñen os seus propios plans.