Saudade de ti
1 (1x1)
:
A noite en que a vila mariñeira de Abrente celebra as festas do Carme un tráxico accidente leva por diante as vidas de Uxía Eiroa, unha moza que ía co seu prometido, e de Olga Otero, a doutora da vila, que viaxaba cun home que non era o seu marido. O accidente provoca a volta de Celia Eiroa á vila. A filla da doutora axiña descobre que a morte da súa nai deixou, en certo sentido, orfos a todos os doentes de Abrente, pero tamén unha morea de incógnitas que lle indican que quizais non coñecía a súa nai tan ben como ela cría. A desgraza vai poñer patas para arriba a vida de tres familias, que terán que afrontar o día a día mentres tratan de curar as súas feridas.