Serramoura

Serramoura

Soterrado (2x9)


:

Os espectadores da TVG verán hoxe como o alcalde de "Serramoura", Rogelio Fidalgo, quere a Evaristo na súa lista para a reelección. Con todo, Teresa Soutelo faralle axiña unha proposta máis ambiciosa: encabezar a súa propia candidatura, optar a ser o próximo alcalde. No caso polo asasinato de Álex, a Garda Civil atópase tras a pista de Lucas, principal sospeitoso do crime. Ademais, a investigación deu un xiro inesperado coa localización do posible escenario do crime: a igrexa parroquial. No capítulo deste domingo, un elemento máis fará a súa aparición: Peixe. O peculiar delincuente, moi coñecido polos axentes de Serramoura, di atopar, casualmente, a cámara de fotos da moza. Quizais a memoria garde algunha pista do seu asasino.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • 22