Hospital Real
Miserere mei (1x10)
:
O doutor Devesa e o seu equipo queren demostrar diante de Gaspar e os demais membros da igrexa que a resurrección da filla do administrador ten unha clara explicación científica. A devandita investigación provoca que o arcebispo Malvar (Javier Gutiérrez) acuda a Santiago.
O doutor Devesa ten ante si outro caso médico, que desta volta lle toca a súa faceta máis persoal. Un antigo amigo do doutor, do que hai moito tempo non tiña novas, ingresa no hospital e pouco poden facer por salvar a súa vida. Este caso esperta tales sentimentos no doutor Devesa que provoca certa preocupación entre os seus compañeiros, que por primeira vez ven a parte humana do doutor.
O padre Bernardo decide volver investigar sobre o testamento do padre Damián, outro motivo máis para que o inquisidor Gaspar non lle guste o xeito de actuar do padre dentro do Hospital. A irmá Úrsula continúa cos subornos anónimos a don Andrés Osorio.