Dalia, la modista
Capítulo 4 (1x4)
:
Carlos, o marido de Clara, déixase levar por un ataque de ira e destrúe o taller. Coa data de entrega tan preto, Dalia, Clara e Valentina ven difícil cumprir co encargo. Así e todo, únense coa vontade de reconstruír o taller e fan colecta popular para atopar teas que reciclar e poder facer os modelos de lencería acordados.Toda a vila se involucra con Clara, e achegan pezas en desuso e de colecta antiga. E precisamente dunha delas xorde o elemento fundamental para dar co responsable do que lle aconteceu á súa nai.