Serramoura
Isto é só o principio (2x7)
:
Álex foi asasinada. O seu cadáver apareceu nos bosques da vila e a escena do crime anuncia unha investigación complexa e tortuosa.
Sabéndoo, o tenente Penedo quere apartar a Marga, tía da vítima, do caso. Pero a sarxento Neira amosarase firme na súa decisión: ela mesma será quen encerre o asasino da súa sobriña. Pero, que facía Álex en Serramoura e por que non avisou a ninguén da súa visita? Esta é a primeira das moitas preguntas que terán que responder se queren facerlle xustiza a Álex.
Mentres tanto, Santos segue a traballar para don Amancio, o párroco de Serramoura. Unha parella imposible obrigada a entenderse e que terá no serradoiro de Teresa Soutelo o seu primeiro gran conflito. Quen gañe a batalla marcará a pauta na súa relación.