Serramoura

Serramoura

Sacrificios (1x21)


:

Silvia Pardo, a filla pequena de Roque e María, foi secuestrada e o tempo corre en contra dos axentes da Garda Civil. O secuestrador é un vello coñecido das forzas de seguridade porque actuou anteriormente e sempre co mesmo desenlace: a morte da súa vítima. A intervención da sarxento Inés Carro permítelle á Garda Civil saber moitas cousas do criminal, pero falta o máis importante: descubrir a súa identidade. Os axentes só teñen unha oportunidade para dar co secuestrador, xa que seguiu as mesmas pautas en todos os seus ataques, incluíndo a tortura psicolóxica da familia da vítima. Pero para iso ten que establecer contacto con Roque e a súa muller. Mentres, na súa casa, María séntese culpable do sucedido e axiña será o seu home quen lle recrimine os seus actos. Se non fose pola súa visita a Evaristo Fiúza, a súa filla non emprendería o camiño de volta a casa soa. A familia Fiúza vive con especial proximidade o secuestro de Silvia. Evaristo, porque comparte o sentimento de culpa de María; e Román, pola amizade que o une á familia desde que se asociou con Roque, pero especialmente coa súa filla Elena, algo que non lle acaba de gustar á súa noiva Álex. E no serradoiro, motor económico da vila, Santos parece ser o único habitante de Serramoura que pasa por un bo momento. Foi elixido “Empresario emerxente do ano”, algo moito máis importante ca unha simple campaña de mercadotecnia. Detrás do premio agóchase unha complexa e rendible manobra vinculada ao branqueo de capitais.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • 22