Serramoura

Serramoura

De caza (1x20)


:

A estraña desaparición dunha moza nos montes da vila porá de novo en alerta os homes do tenente Penedo. Os elementos deste caso son unha parella de senderistas e un accidente que, de maneira pouco probable, se converte en traxedia. Unha desaparición e unha terrible noticia. E o que é peor: non é a primeira vez que sucede. Unha psicóloga especializada en perfís perigosos será destinada a Serramoura. A súa función será axudar en todo o posible na investigación. Cada minuto conta ao enfrontarse a un secuestrador, especialmente cando hai a certeza de que a súa intención é matar. Os axentes contan con moi pouco tempo para pescudar demasiadas cousas. Mentres, o negocio da madeira en Serramoura tomou novos camiños. Santos, á fronte do serradoiro máis poderoso dos arredores, recibirá unha visita inesperada. O capo, agora disfrazado de home de negocios honrado, recibirá unha proposta tan deshonesta como irresistible.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • 22