Serramoura

Serramoura

Queimando probas (1x3)


:

O atraco a punta de pistola nun banco conmocionará novamente Serramoura. O atracador non levou cartos ningúns, só unha caixa de seguridade a nome de Mónica Triáns. Que gardaba a moza asasinada no banco? Dar co ladrón podería ser a única maneira de descubrir cal era a verdadeira identidade da vítima e, polo tanto, o móbil do seu asasinato. Deter o atracador, recuperar a caixa de seguridade de Mónica Triáns pasa a ser prioridade para os nosos protagonistas. Se o conseguen, poderán reabrir a investigación e avanzar nun caso que se está transformando para os dous nunha obsesión. O atraco coincidirá no tempo co funeral de Xulián Soutelo, patriarca da familia propietaria do serradoiro e cita ineludible para todo aquel que se considere alguén en Serramoura. O evento perfecto para que Teresa Soutelo pesque investidores para o seu necesitado serradorio. Pronto Raquel acabará cos soños de prosperidade dos Soutelo. A contabilidade do negocio é tan mala que botaría por terra calquera plan de investimento... ou poida que non? Allea a todo isto Álex, a filla de Raquel e Pancho, iniciou a súa propia investigación para dar co asasino de Mónica e así sacar o seu pai do cárcere. En contra das advertencias do seu amigo Quique, a moza intentará gañarse a confianza de Román Fiuza, sospeitoso inicial que se resgarda baixo unha falsa coartada.

  • :
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • 22