Hospital Real
Contra natura (1x8)
: 28, 2015
O administrador ten un enfrontamento co doutor Devesa polo tratamento da súa filla. Clara cada vez está peor e don Andrés considera que os doutores deben interrompelo. O cerco a Mendoza péchase e, grazas a unha xogada de Duarte, descobren que o alcalde está detrás das mortes, polo que don Andrés obrígao a devolver os cartos e deixar a cidade, algo que Mendoza non vai esquecer nin perdoarlle a Duarte.
Chega o momento da vinganza de Rodrigo. Elvira volve estar contra as cordas, pero disposta a facer o que sexa para salvar a súa vida e continuar mantendo a posición social da familia Álvarez de Castro.
Cristóbal continúa na enfermería do Hospital Real. O doutor Devesa pauta e administra as súas doses de opio, pero o boticario descobre que alguén máis sabe o seu segredo da adición: Rosalía. Cristóbal é consciente de que a enfermeira está namorada del e non quere que sufra, polo que intenta falar con ela para apartala do seu carón.
A irmá Úrsula tampouco descansa en facerlles complicada a vida aos demais. Nesta ocasión, descobre un gran segredo do administrador e decide utilizalo ao seu favor. A monxa non perdoa que don Andrés a acusara de roubar o libro de contas do Hospital Real.