Serramoura

Serramoura

Condena (1x22)


: 01, 2015

Que decisión tomou Roque despois do ultimato que lle lanzou o secuestrador?. Terá que elixir entre a vida da súa filla e a da súa muller. Pero iso non é todo, xa que a persoa que mantén secuestrada a Silvia quere que María morra a mans do seu propio home. O matrimonio recibe a mensaxe no peor momento posible. Mentres, no cuartel da Garda Civil, os axentes aférranse á única pista que teñen. Nunha das comunicacións co secuestrador, parece escoitarse un leve ruído de motoserras e unha árbore caendo. Unha única vía de investigación e dous modos moi distintos de traballar: Por un lado o do sarxento Inés Carro, e polo outro o de todos os axentes de Serramoura. Pola súa parte, Gloria, ex esposa de Evaristo Fiúza e un día a muller máis poderosa de Serramoura, busca agora un medio para gañar a vida. O seu enfrontamento co seu ex marido pechoulle todas as portas da localidade, salvo a do serradoiro de Santos. O peor inimigo da súa ex parella podería converterse no seu mellor aliado.

  • : 2014
  • : 173
  • : 1
  • Televisión de Galicia
  • 22