Método criminal
Oxalá fose unha broma (1x2)
Data de estreia: Fev 07, 2021
Damián Canosa necesita a axuda de Luís Iglesia para que lle ensine a ser como Carmelo Matalobos e facerse respectar polos membros do seu clan. Ou polo menos esa era a súa intención cando secuestrou a Luís e o trasladou ata o tanatorio “Canosa e fillos”, a empresa legal da súa familia, a tapadeira perfecta coa que disimular os negocios “ilegais” do seu pai. E é que hai ben pouco que Damián tivo que poñerse á fronte do clan e dirixir os negocios escuros, algo para o que non estaba nin preparado nin tampouco desexaba. Damián estaba moi feliz atendendo o tanatorio. Pero o ataque que sufriu Telmo, o seu pai, precipitou o seu plan para marchar con Sofía, a súa muller, a un lugar onde ter unha vida máis tranquila, lonxe de mortos, pistolas e medo. Baixo ameaza de morte por saber demasiado, Damián viuse na obriga de ocupar o posto do seu pai e foi nese momento cando tivo a idea de aprender do mellor: Carmelo Matalobos, ou neste caso, do actor que o interpretaba na ficción. Sen recuperarse do susto e co medo metido no corpo, Luís verase na obriga de aceptar a petición de auxilio de Damián para convertelo no líder da súa banda ou, pola contra, seguir buscando traballo como actor e probar sorte no casting que lle conseguiu a súa representante. Aínda que, pensándoo mellor, o primeiro que ten que facer é fuxir o máis lonxe posible de Damián.
- Estreia: Jan 2021
- Episódios: 20
- Seguidores: 0
- Acabou
- Televisión de Galicia
- Domingo às 22