Serramoura
Guerra (1ª parte) (1x18)
Data emisji: Lut 01, 2015
Varios meses despois da morte de Gonzalo Soutelo, a situación na vila complicouse considerablemente. Santos e Evaristo están oficialmente enfrontados e este enfrontamento pillou no medio á Garda Civil.
O traballo nos montes de Serramoura realízase agora escopeta en man e os límites entre propiedades xa non os marcan os rexistros, senón Evaristo e Santos en persoa. Unha situación extrema que só pode acabar mal, xa que en Serramoura mesturar escopetas e conflitos de lindes supón demasiado perigo, mesmo para a Garda Civil.
Pola súa parte, tras pasar por unha investigación por parte de Asuntos Internos, o antes sarxento Diego Bazán foi apartado da Unidade de Investigación. A partir de agora será un garda máis do posto de Serramoura e desenvolverá o seu labor con uniforme, lonxe do traballo que lle gusta. Unha sanción moi leve, se se ten en conta que estaba en xogo a súa expulsión da Garda Civil.
Pero a maior novidade produciuse na casa dos Neira, onde Raquel tivo por fin o seu bebé. Unha grande alegría para todos en Serramoura, pero moi especialmente para dona Teresa, avoa do pequeno, inmersa aínda no duelo pola morte do seu fillo.
- Premiera: Paź 2014
- Odcinki: 173
- Obserwujący: 1
- Zakończony
- Televisión de Galicia
- Niedziela w 22