Serramoura
A festa da leña (1x7)
Data emisji: Lis 16, 2014
Mónica pensaba abandonar Serramoura. A súa equipaxe e unha gravación de despedida apareceron nun vello alpendre propiedade de Santos, home carente de toda honradez e propietario do despezamento. Os axentes Marga Neira e Diego Bazán atoparon por fin un novo fío do que tirar na súa investigación. Pero deben ter coidado: oficialmente o caso está pechado e a Tomás, o seu tenente, non se lle escapa nada.
E neste contexto tan particular, celébrase en Serramoura unha edición máis da súa Festa da Leña; a máis popular da comarca. O evento, que ata agora sempre patrocinaron os Soutelo, non podía chegar en peor momento para os propietarios do serradoiro. Cos traballadores en folga e sen cartos para facerlles fronte aos salarios, dona Teresa e o seu fillo Gonzalo terán que achar unha solución. A Festa da Leña debe celebrarse, custe o que custe.
Un ano máis, Serramoura servirá de punto de encontro para transportistas, madeireiros e propietarios para gozar dun día, como di Marga, “de comida, bebida e moita troula”. Pero o máis espectacular desta festividade é o seu tradicional concurso. Quen será o máis rápido da comarca cortando leña? Ata a data, a competición supuxo, ano tras ano, a maior exhibición do enfrontamento entre os Fiúza e os Soutelo.
- Premiera: Paź 2014
- Odcinki: 173
- Obserwujący: 1
- Zakończony
- Televisión de Galicia
- Niedziela w 22