Saudade de ti

Saudade de ti

28 (1x28)


Uitzenddatum: Aug 11, 2022

Raúl cre que Mónica e Adela o pretenden enganar sobre o incidente con Abel. Se as súas sospeitas son certas poderíanlle arruinar a vida a un home inocente. Elba non é capaz de gardar o segredo e revélalle a Brais a inminente fuxida de Noa co seu mozo. Se quere que Noa quede en Abrente terá que descubrir canto antes quen é seu pai. Dimas busca un novo experimento para subir os ingresos despois do fracaso das tapas. Todo con tal de que Teresa non descubra que hipotecou o bar.

  • Plaats #
  • in première gegaan: Jul 2022
  • Afleveringen: 86
  • Volgers: 0
  • Lopend
  • Onbekend
  • Zondag op 22