Serramoura
Guerra (2ª parte) (1x19)
Data di messa in onda: Feb 08, 2015
Gloria está perdida. Evaristo sábeo todo: o seu plan para quedar co seu patrimonio, as súas argucias para enfrontalo co seu fillo Román e ata a súa alianza con Hugo, xa que el mesmo llo confesou. Quédalle algunha oportunidade á muller de Fiúza ou está todo perdido xa? Que lle pode deparar o destino a Gloria lonxe de Evaristo?
En casa dos Neira, acaban de descubrir o talento oculto de Álex: a moza descubriuse como unha intrépida cronista. O problema é que cando escribe dispara contra todo o mundo e logo pregunta. Os primeiros destinatarios dos seus “dardos” serán os axentes da Garda Civil de Serramoura, pero Álex ten tinta para todos. Isto provoca un novo conflito nunha casa onde parecía que, por fin, reinaba a tranquilidade.
Mentres, a Garda Civil evitou un baño se sangue na vila, ao conseguir, coa pública mediación de Evaristo e Santos, o aparente desarmamento dos homes de Serramoura. As armas foron requisadas e parece que a paz volveu aos montes. Pero un novo caso recaeu no posto do tenente Tomás Penedo: un ladrón de gando está a sementar a discordia de novo entre os veciños. Non tardarán en volver aparecer as armas de fogo e o ánimo de vinganza.
- Iniziato: Ott 2014
- Episodi: 173
- Followers: 1
- Terminata
- Televisión de Galicia
- Domenica alle 22