Serramoura
Criminal (1x10)
Data di messa in onda: Dic 07, 2014
A vida complícase cada vez máis para os habitantes de "Serramoura", que, dun xeito ou doutro, están a sufrir as consecuencias do misterioso asasinato de Mónica Triáns, un caso que segue traendo de cabeza a Garda Civil, especialmente a Marga e a Diego.
Un dos afectados é Evaristo Fiuza, que se atopa detido. Ao ata agora home máis poderoso de Serramoura impútanselle dous asasinatos: o de Mónica de Triáns e o de Emilio, médico da vila e ex parella sentimental de Marga Neira. Pero, foi el? A sospeita, que corre como a pólvora polo lugar, abrirá unha brecha insalvable entre o acusado e o seu fillo.
Mentres, Santos planea a súa vinganza contra Diego Bazán desde o cárcere. Pancho fallou no seu intento de eliminar ao sarxento. Agora, o ex marido de Raquel ten unha débeda co axente da Garda Civil que lle salvou a vida.
Con Diego ao tanto das intencións de Santos, este atopou un poderoso aliado en Vítor Somoza, do Servizo de Asuntos Internos. Vítor chegou a Serramoura cunha soa intención: acabar coa carreira do sarxento Bazán, aínda que para iso teña que coaccionar, un a un, todos os veciños da vila.
Por outro lado, preocupada pola saúde de seu pai, Álex decide levar a Pancho de novo á casa, unha situación moi incómoda para a súa nai, pero tamén para el, que vivirá en primeira persoa cada episodio da relación errada de Raquel con Gonzalo.
E a investigación policial prosegue. Convencida de que o asasino os está a enganar de novo, Marga segue os pasos da investigación que desenvolveu Emilio para atopar o verdadeiro culpable. De maneira inequívoca, Marga descubrirá hoxe, por fin, o rostro do asasino de "Serramoura".
- Iniziato: Ott 2014
- Episodi: 173
- Followers: 1
- Terminata
- Televisión de Galicia
- Domenica alle 22