Saudade de ti

71 (2x71)


Bemutató időpontja: 2023 Aug 02

Despois do xuízo, Gaspar queda libre de calquera responsabilidade polo accidente de tráfico que acabou coa vida de Uxía e de Olga. Non contenta con isto, Adela preséntase na Casa Eiroa para facer unha humillante proposta, o que vai obrigar a Teresa a tomar unha decisión radical. Con Garay en coma, Celia trata de descubrir quen é o responsable da agresión que o deixou nese estado e chega a unha inquietante conclusión. Pola súa banda, Raúl e Isidro deciden quedar con ela para falaren das súas relacións de parentesco. Para desgraza de Santi, a nai de Artai preséntase en Abrente con intención de recuperar o tempo perdido co seu fillo.

  • Pozíció #
  • Bemutatott: 2022 Aug
  • Epizódok: 86
  • Követők: 0
  • Fut
  • Ismeretlen
  • Vasárnap időpontban 22